
INSCRICIÓNS KERNEL 2010 -VII CIBERENCONTRO CONCELLO DE MUGARDOS
Chegou o día. Hoxe 26 de Xullo de 2010 as 17:00 horas abrense as inscricións para o VII CiberEncontro Kernel 2010. Este ano a principal novidade é que cada persoa inscrita deberá pagar unha inscrición de 8€ euros se son socios da Asociación Comunidade O Zulo e 10€ euros se non son socios.
O proceso de inscrición é moi sinxelo. No final desta páxina verás unha ligazón ó formulario. Se cubres sen ningún erro o formulario, recibirás un email coa información necesaria para formalizar a tua praza. Lembra que non debes eliminar o email de preinscrición; unha vez ingreses a cuota a entrada na entidade bancaria que se indica no email, a túa praza xa estará confirmada. Recibirás por email ou por SMS a confirmación.
Queremos sinalar que cada persoa ó inscribirse no Kernel 2010, acepta unhas normas cívicas e de comportamento que podes consultar nesta ligazón. [Normas Kernel 2010]
NOTA: DENDE O 26 DE XULLO ATA O 30 DE XULLO INSCRICIÓNS ABERTAS SO PARA OS SOCIOS. A PARTIRES DO 30 DE XULLO INSCRICIÓNS ABERTAS PARA O PÚBLICO EN XERAL.
web social