
Estatutos
ACTA FUNDACIONAL
Coma toda asociación que se precie redactamos a "Acta Fundacional" da que aquí tedes un pequeno resumo.
Na localidade de Mugardos, no Café Bar Atlántico , o día 20 de febreiro de 2010 ás 10:00 horas reúnense:
-
Alberto Permuy Leal, veciño de Mugardos.
-
Pablo Robatto Rañales, veciño de Mugardos
-
Evaristo Deus Deus, veciño de Mugardos
-
Carolina Montero Garcia, veciña de Ferrol.
-
Manuel Permuy Toimil, veciño de Mugardos.
Todos eles maiores de idade e con capacidade para obrar ACORDAN:
1.- Constituír unha asociación sen ánimo de lucro, ó abeiro da vixente Lei orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, denominada asociación «Comunidade O Zulo», que desenvolverá preferentemente as súas actividades no ámbito autonómico e terá o seu enderezo social na Avenida do Mar, 29 2º, C.P. 15620 Mugardos (A Coruña), os seus fins principais son:
a.- Promover a construción dunha sociedade de coñecemento libre.
b.- Promocionar no eido social, cultural e económico o uso de aplicacións informáticas de libre distribución e uso.
c.- Promocionar o idioma galego no mundo informático.
d.- Todos aqueles fins recollidos no estatutos da asociación.
2.- Consensua-los estatutos polos que se vai rexer a asociación lidos neste mesmo acto e aprobados pola unanimidade dos asistentes, que se incorporan como anexo a esta acta.
3.- Elixi-lo órgano provisional de goberno da asociación.
[Descargar estatutos]

web social