Constituidos actualmete coma Asociación «Comunidade O Zulo», iniciamos a nosas actividade no mes de abril do ano 2004 coa preparación do primeiro ciberencontro de Mugardos: Kernel 2004.

Anteriormente, á iniciativa de Alberto Permuy Leal o Concello de Mugardos asumíu o seu primeiro proxecto de divulgación de tecnoloxías da información e comunicación libres, realizándose as “I Xornadas de software libre do Concello de Mugardos”. Estas primeiras xornadas, con Alberto como único ponente,tiveron un formato especial en sesións de dúas horas repartidas durante os fins de semana de marzo do ano 2004, cun total de 4 sesións.
Os contidos destas primeiras xornadas foron:

     •   As tecnoloxías abertas: a súa filosofía conceptual, o seu inicio e as licenzas libres.
     •   Aplicacións de código aberto e o sistema operativo GNU/Linux.
     •   “Install Party”: xornada de instalación  Knoppix e SuSE Linux.
     •   Obradoiro de Linux: conectividade, control remoto, instalación de aplicacións,etc.

No mes de abril do ano 2004, e durante a actividade municipal “En abril debates mil”, un venres pola noite,despois da charla “Comunicación e novas tecnoloxías”, Alberto Permuy e Pablo Robatto, xunto co concelleiro de mocidade artellan o programa conxunto de actividades de innovación, sociedade do coñecemento e tecnoloxías libres da comunicación a desenvolver durante o resto do ano. Bautizándose como Comunidade O Zulo, xestionaron a organización das actividades de divulgación e promoción da cultura e tecnoloxía libre ata actualidade no Concello de Mugardos.
Estas actividades, foron pioneiras na comarca de Ferrolterra e hoxe en día o Ciberencontro Mugardés é referente no seu formato e coñecido en toda Galicia. 
 
Ao longo destes anos, foron pasando por Mugardos líderes de opinión da cultura e tecnoloxía libres de Galicia. Progresivamente as xornadas foron ganando en contidos e ampliando perspectivas de diversos coñecementos, dende temas referentes a implementación de aplicacións libres nas empresas, tecnoloxías como vozIP, ou as vangardas de software libre en galego.