
Kernel 2010
A historia do Kernel, remóntase a outubro de 2003 cando Alberto e Evaristo tras unhas charlas e algúns cafés deciden facer as Xornadas de Software Libre Concello de Mugardos, para en Setembro do 2004 organizar o I CiberEncontro Concello de Mugardos. Nese momento únese Pablo "Ping" e decidimos, sen "normas" e dun certo modo altruista, denominarnos "Comunidade Linux o Zulo".Con grande éxito de público, reunímonos durante 14 horas para entre outros: compartir ficheiros, experiencias...
[ Evaristo, Alberto e Pablo na edición de 2004 ]
No ano 2005 chegou a segunda edición con grande éxito de público, mais ou menos 45 inscritos, de vilas como: Fene, A Coruña, O Grove, Vilagarcía, Ferrol. A repercusión mediática tamén foi moito maior: entrevitas e cuñas en Radio Fene, entrevista a Alberto na Voz de Galicia... Un dos pratos fortes foi o Servidor DC++, que permite compartir ficheiros dun modo sinxelo, podendo chatear cos distintos usuarios... Como olvidarnos da magnífica charla de Andrés Diaz , membro do GPUL, acerca da seguridade informática. En fin que 48 horas deron para moito.
No 2006, de novo en Setembro , reunímonos para facer a III Edición. As novidades mais destacadas serán: a churrascada do sábado e o MegaFTP que abriremos o sábado pola mañá.Esta foi a edición da consolidación do Kernel, cunha gran afluencia de público (cerca de 65 persoas).
No 2007, contamos con moita xente, que desinteresadamente, fixo posíbel una das mellores edicións do CiberEncontro : Ales,Canas,Keko,Dorfun,Manolo,Ales Fernández , ,SantiCuñao,Kutus,Mar,Carola,Begoña,Sudac,Randy...Fixemos unha ciber-laconada das boas,lanzamos por cuarto ano hardware ata as nubes, e volvimos a encher de felicidade os nosos discos duros.

[ Edición do 2007 - Planta Baixa ]
As edición de 2008 e 2009 seguiron a tónica xeral das anteriores edicións.Incluimos un Ciclo de Cine e por sexto ano miramos cara o ceo a ver se seguían a caer discos duros...e caeron!
A edición do 2010 é un reto.Tras uns meses de escuridade burocrática, papeleos e moito traballo, presentamos este Kernel 2010 como o primeiro dende que somos oficialmente "Asociación Comunidade O Zulo". Dende este pequeno lugar no ciberespazo queremos agradecer de novo a colaboración do Concello de Mugardos, a Concellaría de Mocidade e Cultura polo seu apoio e esforzos para que esta actividade se poida seguir celebrando ano tras ano.
!Estade atentos á páxina web por que a edición do 2010 promete moitas sorpresas!
web social