Quen somos

A Comunidade somos un grupo de persoas, sen cor nin afinidade política, que colabora a través da rede para impulsar o software e a cultura libre. Somos un grupo multidisciplinar: cociñeir@s, biólog@s, informátic@s, xubilad@s, avogad@s con intereses comúns no mundo da tecnoloxía e GNU/Linux. [ + ]

Asociate

A Comunidade necesita a túa axuda. Asóciate e colabora cunha asociación sen ánimo de lucro que traballa e loita por difundir o software e cultura libre e por construír unha sociedade máis xusta. Aínda non coñeces as vantaxes de ser socio? Queres colaborar?  Necesitas máis información? [ + ]

Comunidade

Comparte as túas opinións e aportacións coa comunidade. Sindícate ao RSS, séguenos en Twitter e Facebook, comenta as fotos en Flickr!

 

MercadoKernel Tecnolóxico

I MercadoKernel Tecnolóxico Concello de Mugardos

¿Tes un disco duro que non necesitas?¿Un monitor do que te queres liberar?¿Queres trocar a túa consola? Coindindo coa VII edición do Kernel 2010 organizaremos un mercado onde poderás trocar ou vender materíal tecnolóxico que non necesites.

En horario de 10:00 da mañá e ata as 22:00 horas da noite, xusto antes da CiberCea "Porko Byte", poderás trocar o teu "lixo" tecnolóxico no recinto da Casa da Cultura do Concello de Mugardos.

¿Canto custa a inscrición no MercadoKernel?

A inscrición é gratuíta.

¿Cómo identifico o meu material?

É moi sinxelo. Ó chegar cubres un "Formulario de identificación" para cada aparello que desexes trocar ou vender cos seguintes datos(é un exemplo).

  • Nombre do aparello: Disco duro 20XB
  • ¿Funciona? SI - NON
  • Preferencia :  VENTA - INTERCAMBIO - INDIFERENTE
  • Contacto : Email ou teléfono.

O "Formulario de identificación" é dobre, un pégase ó aparello e o outro gárdao a Organización. Cando se produza a venta/troco ou retirada do aparello, a persona terá que presentar o formulario a modo de resgardo.

¿Qué tipo de aparello podo levar?

  • PCs completos.
  • Caixas de PCs, fontes de alimentación, teclados, ratos, tarxetas de rede ou gráficas ou de TV, e compoñentes e PCs en xeral.
  • Monitores.
  • Routers  puntos de acceso wifi ou switches.
  • Reproductores DVD, Videos VHS ou BETA
  • Discos duros, chaves USB.
  • PDAs, móbiles ou portátiles.
  • Video consolas.

Non podo levar...

  • Televisores.
  • Frigoríficos.
  • Mesas nin mobiliario en xeral.
  • CDs de música ou películas en DVD,VHS,Laser Disc ...etc
  • Libros, revistas ou comics.

¿Canto gañades vos con todo isto?

0€. Nada. Os intercambios ou ventas son individuais, onde Asociación e Concello non teñen relación alguna cos nin con "vendedores" nin con "trocadores" .

E todo isto...por que razón?

En primeiro lugar por darlle un aire novo ós contidos do Kernel. E segundo lugar, pero non por iso menos importante, por un compromiso ético e moral co concepto de ecoloxía, tanto pola parte da "Asociación Comunidade O Zulo" como polo Concello de Mugardos. En lugar de levar ó lixo os aparellos fomentamos a venda ou intercambio.

 

Ubuntu Linux

The next version of Ubuntu is coming soon

¡Libera os teus documentos!

Libera os teus documento, usa LibreOffice

Free Software Foundation

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer