Quen somos

A Comunidade somos un grupo de persoas, sen cor nin afinidade política, que colabora a través da rede para impulsar o software e a cultura libre. Somos un grupo multidisciplinar: cociñeir@s, biólog@s, informátic@s, xubilad@s, avogad@s con intereses comúns no mundo da tecnoloxía e GNU/Linux. [ + ]

Asociate

A Comunidade necesita a túa axuda. Asóciate e colabora cunha asociación sen ánimo de lucro que traballa e loita por difundir o software e cultura libre e por construír unha sociedade máis xusta. Aínda non coñeces as vantaxes de ser socio? Queres colaborar?  Necesitas máis información? [ + ]

Comunidade

Comparte as túas opinións e aportacións coa comunidade. Sindícate ao RSS, séguenos en Twitter e Facebook, comenta as fotos en Flickr!

 

V Noite Drupal & GNU/Linux

Nova publicada polo Mestre Mutenroi o 02 de Decembro de 2012

É un pracer confirmar a celebración da “V Noite Drupal & GNU/Linux” que se desenvolverá no local de Ada Formación en Narón o vindeiro 19 de xaneiro de 2013

 
Nesta edición decidimos ampliar e flexibilizar os horarios así como “abrir” o evento a tódolos niveis e persoas interesadas no desenvolvemento web e no software libre. Coa colaboración de GALPon (Pontevedra), Asociación Comunidade O Zulo (Mugardos), Inestable (Ordes) e Asociación Ociorum (Coruña) estamos a crear un grupo de usuari@s galeg@s de Drupal. 
 
As #noitedl xurden en abril de 2011 en Mugardos froito dunha iniciativa conxunta dos citados GUL e asociacións. En Xullo de 2011 baixamos a Vigo e en decembro xuntos as nosos amigos de Inestable Drupaleamos en Ordes. En Marzo de 2012 estivemos cos nosos amigos de Ociorum en A Coruña. Agora é o turno de Narón!

Inscrición

  • A inscrición ao evento é libre e gratuíta. Por motivos organizativos debes inscribirte no seguinte formulario. [Inscribirse]

[ Imaxe a I Noite Drupal & GNU/Linux en Mugardos, en 2011 ]

Obxectivos

  • Crear un espazo dinámico de referencia de innovación,dinamización e intercambio de coñecemento arredor da Comunidade de usuario Drupal e GNU/Linux
  • Fomentar o uso de tecnoloxías libres a abertas no desenvolvemento web.
  • Crear un colectivo ou "comunidade" itinerante de intercambio de coñecementos libres, ensinando e sobre todo aprendendo.

 

Programa

Mañá   [11:00 - 13:30]

  • Achégate a coñecer o mundo Drupal e GNU/Linux. Parte da comunidade galega de Drupal estará presente para guiarte nos teus primeiros pasos!

Tarde

  • 16: 15 - 16:55  Relatorio “Ecosistema Drupal” >> @apermuy
  • 17: 00 - 17:40  Relatorio "Display suite" >> @jcartelle
  • 17: 45 - 18:30  Relatorio "Drush" >> Rafa Couto
  • 18:45  - 19:30  [ PENDENTE DE CONFIRMACIÓN ]
  • Despois dos relatorios será o momento de falar , programar , compartir , desexar , construir , hackear , aprender , optimizar , ensinar , etc , ... todo con Drupal como protagonista.

 

Como chegar a Ada Formación

Localización: Rúa Santa Tecla, 15570 Narón, A Coruña
Mapa: [ Ver mapa ]


Ver mapa más grande

Atento/a!: Revisa as roldas de correo do grupo de usuarios/as Drupal (https://groups.google.com/group/drupal_gl ) , é probable que alguna persoa da túa vila ou cidade veña a #noitedl....
 

Quero aprender! Quero compartir! Quero ensinar!

Estamos convencid@s de que o coñecemento libre e compartido é unha peza fundamental para a o desenvolmento dunha sociedade libre e xusta. Asiste ó evento! Queremos ensinar! Queremos compartir! Queremos aprender!

 

¡Libera os teus documentos!

Libera os teus documento, usa LibreOffice

Free Software Foundation

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer