Quen somos

A Comunidade somos un grupo de persoas, sen cor nin afinidade política, que colabora a través da rede para impulsar o software e a cultura libre. Somos un grupo multidisciplinar: cociñeir@s, biólog@s, informátic@s, xubilad@s, avogad@s con intereses comúns no mundo da tecnoloxía e GNU/Linux. [ + ]

Asociate

A Comunidade necesita a túa axuda. Asóciate e colabora cunha asociación sen ánimo de lucro que traballa e loita por difundir o software e cultura libre e por construír unha sociedade máis xusta. Aínda non coñeces as vantaxes de ser socio? Queres colaborar?  Necesitas máis información? [ + ]

Comunidade

Comparte as túas opinións e aportacións coa comunidade. Sindícate ao RSS, séguenos en Twitter e Facebook, comenta as fotos en Flickr!

 

Normas Kernel 2011

Normas Inscricións

  • A praza só se reservará durante 10 días. Se durante os 10 días posteriores non recibimos notificación bancaria do ingreso da cuota do Kernel 2011, a praza será liberada.
  • En caso de non asistir ó evento, non se devolverá baixo ningún concepto ó importe da cuota de inscrición.
  • En caso de suspensión do evento, a organización comprométese á devolución do importe da cuota de inscrición.
  • Os menores de idade deberán entregar unha autorización firmada polos seus pais/titores antes de rexistrarse no evento.
  • Durante o evento gravaranse vídeos e fotografías para promocionar o ciberencontro ou enviar a distintos medios de comunicación. Estos materiais serán distribuidos baixo licenza Creative Commons by-nc-sa. ¿Queres saber máis sobre estas licenzas?

Normas de comportamento

  • Non se pode fumar ou consumir bebidas alcohólicas dentro do recinto da Casa da Cultura.
  • Non se poden visualizar ou compartir arquivos,vídeos, webs e demáis contido multimedia de caracter violento ou erótico, lembra que ó teu carón pode sentarse un menor.
  • Se vas comer ou beber no teu sitio, procura limpar todo o que ensucies.

Normas técnicas/varias

  • Non se podes utilizar altofalantes, usa auriculares.
  • Non se poden utilizar programas tipo P2P: Amule,Emule,Ares...etc.
  • Tes que traer o teu PC completo.Non temos PCs, nin monitores, ni hardware para prestar.
  • A organización NON é un servizo técnico, non arranxa PCs, nin monitores, nin formatea equipos.
  • A organización non se responsabiliza en ningún caso e baixo ningún concepto dos danos causados ó teu PC ou componentes de hardware por sobretensións, mal uso do PC, instalación de hardware, infeccións por virus ou aplicacións maliciosas....etc.
  • A organización non se responsabiliza da orixe ou legalidade do software instalado nos PCs dos participantes.
  • A organización reservase a capacidade para aumentar/correxir estas normas así como o programa do Kernel 2010.
  • O incumplimento de estas normas pode ser causa de expulsión do evento, caso no que non se devolverá o importe da cuota.

Ubuntu Linux

The next version of Ubuntu is coming soon

¡Libera os teus documentos!

Libera os teus documento, usa LibreOffice

Free Software Foundation

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer