Quen somos

A Comunidade somos un grupo de persoas, sen cor nin afinidade política, que colabora a través da rede para impulsar o software e a cultura libre. Somos un grupo multidisciplinar: cociñeir@s, biólog@s, informátic@s, xubilad@s, avogad@s con intereses comúns no mundo da tecnoloxía e GNU/Linux. [ + ]

Asociate

A Comunidade necesita a túa axuda. Asóciate e colabora cunha asociación sen ánimo de lucro que traballa e loita por difundir o software e cultura libre e por construír unha sociedade máis xusta. Aínda non coñeces as vantaxes de ser socio? Queres colaborar?  Necesitas máis información? [ + ]

Comunidade

Comparte as túas opinións e aportacións coa comunidade. Sindícate ao RSS, séguenos en Twitter e Facebook, comenta as fotos en Flickr!

 

Relatorio : "Presenza en Internet para asociación sen arela de lucro"

Nova publicada polo Mestre Mutenroi o 02 de Decembro de 2017

O vindeiro sábado 9 de decembro de 2017 de 11:30 a 13:00 horas Asociación Comunidade O Zulo impartirá o relatorio "Presenza en Internet para asociación sen arela de lucro" no Local Socio Cultural de Casas Baratas de Mugardos.

O obxectivo da xornada é achegar a asociacións, agrupacións culturais e ó público en xeral tecnoloxía e boas prácticas relativa á presenza en Internet. Trataremos, dun xeito sinxelo e ameno :

  • Rexistro de dominio e correo electrónico ( Exemplo: asociacion.org )
  • Creación e xestión dunha páxina web ( Exemplo: http://www.asociacion.org )
  • Xestión de formularios de inscrición a eventos.
  • Roldas de correo electrónico.
  • Xestión de axendas compartidas.

A entrada ao evento é libre e de balde e non é necesaria a inscrición.

¡Libera os teus documentos!

Libera os teus documento, usa LibreOffice

Free Software Foundation

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer