Quen somos

A Comunidade somos un grupo de persoas, sen cor nin afinidade política, que colabora a través da rede para impulsar o software e a cultura libre. Somos un grupo multidisciplinar: cociñeir@s, biólog@s, informátic@s, xubilad@s, avogad@s con intereses comúns no mundo da tecnoloxía e GNU/Linux. [ + ]

Asociate

A Comunidade necesita a túa axuda. Asóciate e colabora cunha asociación sen ánimo de lucro que traballa e loita por difundir o software e cultura libre e por construír unha sociedade máis xusta. Aínda non coñeces as vantaxes de ser socio? Queres colaborar?  Necesitas máis información? [ + ]

Comunidade

Comparte as túas opinións e aportacións coa comunidade. Sindícate ao RSS, séguenos en Twitter e Facebook, comenta as fotos en Flickr!

 

Quen somos

A "Comunidade" xurde como un proxecto persoal de @apermuy no ano 2003. Despois da celebración das I Xornadas de SwLibre do Concello de Mugardos en 2004,  @probatto e Evaristo deciden organizarse de xeito altruista para manter vivo o espirito de colaboración e difusión do software e da cultura libre.

Dende 2004, e sempre coa axuda, apoio e colaboración do Concello de Mugardos, organizamos eventos técnicos(Xornadas de Software Libre), de difusión (Dia Liberdade do Software) e lúdicos (Ciberencontro Kernel).

No ano 2010 constituimos legalmente a "Asociación Comunidade O Zulo", e dende aquela, pretendemos dar un xiro ás actividades e presenza do "Zulo". Pretendemos combinar as bondades sociais e técnicas do software libre, coa difusión da cultura libre. Interésanos a música libre, as licenzas libres, o software e o hardware libre, en resumo, interésanos a cultura!

¿Que é a cultura libre? Podes comenzar lendo este documento....

Somos un grupo de persoas que colabora a través da rede para impulsar o software e a cultura libre, un grupo multidisciplinar: cociñeir@s, biólog@s, informátic@s, xubilid@s, avogad@s con intereses comúns no mundo da tecnoloxía e GNU/Linux.

Non tod@s vivimos en Mugardos, pero estamos en contacto directo a través das redes sociais e as roldas de correo da Asociación. Non temos "local físico", así que habitualmente nos reunimos no Café Atlántico en Mugardos, xeralmente os sábados pola mañá.

¡Asóciate e asiste con nós a infinade de eventos! Estos son algúns dos lugares donde estivemos en 2011:

[ @apermuy e @jcartelle membros da Comunidade, nunha xornada de Drupal en Vigo]

 

Ubuntu Linux

The next version of Ubuntu is coming soon

¡Libera os teus documentos!

Libera os teus documento, usa LibreOffice

Free Software Foundation

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer