A actividade da asociación basease na organización de eventos propios e a asistencia a charlas, obradoiros e "camps".
O evento máis importante, tanto por difusión como por asistencia de público é o "Ciberencontro Kernel", é unha reunión de amigos e amigas das novas tecnoloxías que se ven celebrando anualmente no mes de Setembro dende 2004 na vila de Mugardos. [ Máis información sobre o Kernel ]

[ Kernel, un evento clásico nas actividades lúdicas de Ferrolterra ]
As “Xornadas de Software Libre” xunto co “Ciberencontro Kernel” é un eixo fundamental sobre o que xiran as actividades da “Comunidade”.
Comenzamos en 2004 a realizalas nun formato por aquela data aínda non moi extendido como son os “Obradoiros de Software Libre”. Ó longo de 8 semáns, dende Marzo ata Maio de 2004 celebramos obradoiros de introdución ó mundo do software libre e do sistema operativo GNU/Linux, a suite OpenOffice e diversos aplicativos para entornos tanto empresariais coma domésticos.

[ Xornadas de Software Libre - Mugardos 2010 ]
Neste ano 2011 impulsamos a creación do evento "Noite Drupal & GNU/Linux", unhas xornadas itinerantes que tentan levar por toda Galicia a vantaxes de desenvolver sitio web co CMS Drupal e software libre. En Abril de 2011 inauguramos o evento en Mugardos; en Xullo estivemos en Vigo cos amigos de GALPon; en Decembro estaremos en Ordes coa xente de Inestable; en Febreiro de 2012 estaremos en A Coruña coa xente de Ociorum....A comunidade está viva! Asóciate!

[ II Noite Drupal en Vigo, Xullo de 2011 ]
A Comunidade O Zulo estivo presente nos seguintes eventos:
Ano 2012
Ano 2011