Quen somos

A Comunidade somos un grupo de persoas, sen cor nin afinidade política, que colabora a través da rede para impulsar o software e a cultura libre. Somos un grupo multidisciplinar: cociñeir@s, biólog@s, informátic@s, xubilad@s, avogad@s con intereses comúns no mundo da tecnoloxía e GNU/Linux. [ + ]

Asociate

A Comunidade necesita a túa axuda. Asóciate e colabora cunha asociación sen ánimo de lucro que traballa e loita por difundir o software e cultura libre e por construír unha sociedade máis xusta. Aínda non coñeces as vantaxes de ser socio? Queres colaborar?  Necesitas máis información? [ + ]

Comunidade

Comparte as túas opinións e aportacións coa comunidade. Sindícate ao RSS, séguenos en Twitter e Facebook, comenta as fotos en Flickr!

 

Asociación Comunidade O Zulo - Mugardos

 

Asociación Comunidade O Zulo é unha asociación fundada no ano 2003, sen ánimo de lucro inscrita no rexistro galego de asociacións en maio de 2010.
CIF: G-70252051
Domicilio: Rúa do Peteiro Nº34 2ºizq - 15620 Mugardos - A Coruña.
Domicilio virtual: www.comunidadeozulo.org
Correo electrónico: asociacion ( @ ) comunidadeozulo.org
Datos bancarios: 2080-0341-19-3040030423 - NovaGalicia Banco
Os fins da asociación son:

Colaborar na construción dunha sociedade do coñecemento baseada nos principios de libre acceso e uso das aplicacións informáticas e da información.
Divulgar a filosofía e as posibilidades do Software Libre / FLOSS (Free Libre Open Source Software) con especial enfoque nas universidades, centros educativos,administracións públicas, empresas, asociacións e no eido da cultura e sociedade de Galiza.
Promocionar o Software Libre, facendo fincapé nas vantaxes que este pode aportar para fomentar a competitividade, innovación e calidade dos produtos, servizos,coñecemento e tecnoloxía producidos polo tecido empresarial e investigador galego.
Impulsar a adopción de estándares tecnolóxicos libres tanto no eido público como no eido privado.
Explicar e fomentar o uso das licenzas libres para a distribución de contidos, aumentando así a produción cultural libre do noso país.
Acadar a independencia e neutralidade tecnolóxica nas relacións dos cidadáns e empresas galegas cos poderes públicos galegos.
 

Ubuntu Linux

The next version of Ubuntu is coming soon

¡Libera os teus documentos!

Libera os teus documento, usa LibreOffice

Free Software Foundation

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer