Quen somos

A Comunidade somos un grupo de persoas, sen cor nin afinidade política, que colabora a través da rede para impulsar o software e a cultura libre. Somos un grupo multidisciplinar: cociñeir@s, biólog@s, informátic@s, xubilad@s, avogad@s con intereses comúns no mundo da tecnoloxía e GNU/Linux. [ + ]

Asociate

A Comunidade necesita a túa axuda. Asóciate e colabora cunha asociación sen ánimo de lucro que traballa e loita por difundir o software e cultura libre e por construír unha sociedade máis xusta. Aínda non coñeces as vantaxes de ser socio? Queres colaborar?  Necesitas máis información? [ + ]

Comunidade

Comparte as túas opinións e aportacións coa comunidade. Sindícate ao RSS, séguenos en Twitter e Facebook, comenta as fotos en Flickr!

 

Ciberencontro Kernel

O “Ciberencontro Kernel” é unha reunión de amigos e amigas das novas tecnoloxías que se ven celebrando anualmente no mes de Setembro dende 2004 na vila de Mugardos.Na Casa da Cultura do Concello de Mugardos e ó longo de tres(3) intensas xornadas, os asistentes participan en diversas actividades tales como:

  • Campionatos de fotografía dixital.
  • Campionatos de lanzamento de hardware e gymkana.
  • Campionatos de videoxogos libres: Assault Cube
  • Relatorios relacionados co software e a cultura libre: Postfix, Drupal, Ubuntu Linux, Galpon Minino...

A relación do “Kernel” co software libre e incuestionable. Toda a infraestrutura de rede corre baixo aplicación de código aberto: dhcp(dhpcd), proxy(squid+iptables), dns(bind), intranet(drupal)...etc.A montaxe do evento é unha festa colaborativa onde cada persoa que desexe participar na posta punto da rede ten un espazo. Xente de distintos gremios e vilas da comarca achéganse á montaxe, facendo destes día previos, unha extensión do “Ciberencontro”.

Os obxectivos principais do “Ciberencontro Kernel” son:

  • Achegar as novas tecnoloxías a toda a sociedade, sen discriminzación de idade, sexo ou gremio.
  • Promover o uso do galego.
  • Difundir o software libre.

    Como ven sendo tónica xeral neste tipo de eventos, a medida que se van celebrando edicións, o interese medra. Pasamos de 22 participantes na primeira edición de 2004 a un cheo total no recinto chegando ata os ¡69 inscritos! A procedencia dos asistentes cada ano é maís diversa, achegándose ata a vila dende Vigo, A Coruña, Cambre, Pontedeume, Foz , Ferrol, Fene, Santiago de Compostela, Pontevedra, Ames e incluso dende Euskadi.

Ubuntu Linux

The next version of Ubuntu is coming soon

¡Libera os teus documentos!

Libera os teus documento, usa LibreOffice

Free Software Foundation

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer