
[ A formación, un compromiso firme da Comunidade ]
Próximos cursos
Non hai programados cursos
Cursos xa impartidos
Curso iniciación ao deseño web con Drupal - 9/12/2011 - 17/12/2011 Acceso plataforma
O espazo virtual da Comunidade
A Asociación ten un espazo "virtual" de formación para os socios/as e público en xeral.Tentamos formar á xente que se achegue á comunidade en tecnoloxías libres, con matrículas asequibles e en moitos casos simbólicas.
Usamos Moodle para a teleformación. Moodle unha ferramenta libre e gratuíta pensada para crear e producir cursos baseados na rede internet. Moodle é o acrónimo de "entorno de aprendizaxe dinámico modular orientado a obxectos". Tamén é un verbo anglosaxón que describe o proceso ocioso de dar voltas sobre algo, facendo as cousas tal como chegan á túa cabeza....unha actividade amena, que moitas veces leva ao proceso de introspección retrospectiva e, finalmente, á creatividade.
Moodle permite presentar un curso como un contenedor de recursos de información, fotografías ou diagramas, audio, vídeo,páginas web ou documentos pdf, así coma actividades para os estudantes.

Hai xente real detrás de todo isto? Por suposto. Moodle, ou calquera LMS, son un mecanismo que fai que os materiais de aprendizaxe e as actividades de avaliación sexan realizadas polos estudantes pero tamén onde os tutores do curso están directamente relacionados co deseño e a forma de levar o curso aos estudantes. Cada vez que un estudante sube unha tarefa ou completa un obxectivo, a plataforma informa aos docentes do envío, e os docentes avaliarán os envío e responderán cun "feedback". Os cursos en Moodle NON SON UN REEMPLAZO das leccións da vida real, pero axuda a complementar os métodos de ensinanza tradicional.