[ "Ven polo software, quédate pola comunidade", o lema de Drupal ]
A asociación, firme no compromiso de impulsar o libre coñecemento,e a cultura colaborativa, e o software libre, ten o pracer de anunciar a próxima celebración do "Curso iniciación ao deseño web con Drupal" que se celebrará en Mugardos 16 e 17 de Decembro de 2011.
Datos do curso
Xerais
- Nome do curso "Curso de iniciación ao deseño web con Drupal"
- Organizan: Asociación Comunidade O Zulo e Concello de Mugardos
- Data: 16 e 17 de Decembro de 2011.
- Horario: Venres de 17:30 a 21:30 e Sábado de 09:30 a 13:30.
- Lugar: Casa da Cultura Concello de Mugardos.
-
Prezo da matrícula:
- Gratuito para os socios da Comunidade ao corrente dos pagos
- Gratuito para estudantes, desempregados e xubilados.
- 10€ para os non socios e o resto de persoas que no cumpran os requisitos dos puntos anteriores.
-
Abono da matrícula:
- 10 € en concepto "Curso Drupal" na conta 2080-0341-19-3040030423 de NovaGalicia Banco
- Aquelas persoas que superen o curso e as avalacións correspondentes, recibirán despois de rematar o curso, un diploma de aproveitamento.
- Dúbidas ou consultas: Se tes alguha consulta, non dubides en contactar coa Comunidade cubrindo o formulario de contacto da web. [ Ir ao formulario ]
Requisitos
- Maior de 16 anos.
- Para as sesións presenciais é recomendable traer un ordenador portátil.
-
Nivel de coñecementos:
- Coñecementos básicos de informática e rede internet a nivel de usuario.
Obxectivos
Unha vez finalizado o curso os alumnos e alumnas terán os coñecementos básicos para construir, administrar e actualizar sitios web co CMS Drupal.
Inscrición
Prazas esgotadas
Temario
Tema 1 : Introdución a Drupal.
Tema 2 : Instalación de Drupal.
Tema 3 : Administración e primeiros pasos con Drupal.
Tema 4 : Módulos en Drupal : CCK.
Tema 5 : Views.
Tema 6 : Todo o demáis.
Teleformación:
- Temas 1 e 2 dispoñibles dende o día 9 de Decembro.
Sesións presenciais:
- 16 de Decembro de 2011 de 17:30 a 21:30 , temas 3 e 4
- 17 de Decembro de 2011 de 09:30 a 13:30 , temas 5 e 6