Ciberencontro Kernel 2015

O Kernel é un evento lúdico-tecnolóxico que se celebra na Casa da Cultura de Mugardos dende o ano 2004. Organizado conxuntamente pola Asociación Comunidade O Zulo e o Concello de Mugardos, asisten dende rapaces de 15 anos ata  universitarios/as, electricistas, informáticos...todos/as temos sitio no Kernel!

Na edición de 2015 actualizamos o programa engadindo obradoiros de “produción musical con software libre”, “fotografía con móbiles”, “introdución á robótica con Arduino” e “customización de móbiles Android”.

Se gostas de todo o relacionado coa tecnoloxía, os xogos, a rede internet, acude ao Kernel 2015: o evento tecnolóxico máis geek de Ferrolterra!. Lembra que so necesitas rexistrarte e pagar a inscrición se queres ter unha praza.

O sábado 19 de setembro xuntarémonos todos no "Pub Tropezón" en Mugardos para celebrar o "V Rock no Trope", unha festa aberta para tódolos amigos e amigas da Comunidade.

O domingo 20 de setembro celebraremos no peirao de Mugardos o evento “Mapeando Mugardos”; ensinaremos a tódolos asistentes como contribuir e completar un mapa libre e gratuito. Por unhas horas, deixaremos a Casa da Cultura e sairemos todos e todas a “mapear Mugardos”.  

Sentimos paixón polo Software e a Cultura Libre , así que se queres aprender ou ensinar swlibre, no Kernel 2015 terás oportunidade de coñecer a moita xente con intereses comúns.

Queremos agradecer ao Concello de Mugardos a sua implicación, compromiso e colaboración na organzación coxunta de este evento. Chegar ata a XII edición sen a súa axuda e a dos traballadores e traballadoras do Concello, sería imposible. O Kernel 2015 é un evento sen arela de lucro. Os membros da organización non reciben ningunha achega económica polo seu traballo

Datas de celebración
18, 19 e 20 de Setembro de 2015
Participantes
76
Patrocinadores
Estudio Arquitectura Tomás G. Monteagudo, Tapería Plaza, Pub O Trope, Pescadería Rosa, Mar de Lucía, Cesar Pena, Codery, Galpon, Ada Formación, Marcos Vázquez Fotografía
Conexión a Internet
Sen definir ou 5x ADSL 3Mbps
Arquivo
Programa

Venres 18 Setembro

  • 17:00 Apertura
  • 19:30 I Rolda Campionato Djenga

Sábado 19 Setembro

  • 10:30 Obradoiro Hacking Móbiles
  •           Obradoiro Produción Musical con Sw Libre
  • 16:00 II Rolda Campionato Djenga  
  • 16:30 Obradoiro Fotografía con Móbiles 
  •           Obradoiro Arduino
  • 20:00 CiberOlimpiada
  • 21:30 PorkoByte
  • 22:30 Final Campionato Djenga
  • 23:59 V Rock No Trope

Domingo 20 Setembro

  • 10:00 Xornada OpenStreetMap - Xornada de mañá
  • 15:30 Xornada OpenStreetMap - Xornada de tarde
  • 18:30 Clausura