Asociacion, patrimonio e a cultura do software libre

Hai uns días desde Asociación Os Penoucos recibimos petición para a colaborar no artigo "Asociacionismo, patrimonio e a cultura do software libre" para a publicación Mazarelos. Asina o artigo Lucía Santiago Sanmiguel, activista e parte da equipa do proxecto obaixoulla.gal e colabora Alberto Permuy Leal, membro fundador da asociación.

O artigo, presenta e analiza desde diferentes prismas o proxecto obaixoulla.gal. Fai fincapé na "preocupación pola mala xestión do noso patrimonio, (...) e polo estado inerte e obsoleto dos inventarios municipais" e describe o movemento do software libre galego así como is proxectos web de catalogación patrimonial nos que participa Asociación Comunidade O Zulo desde o ano 2015.

O contido publicarase na vindeira edición da revista Mazarelos, é unha publicación física e dixital que recibe artigos orixinais vencellados á Historia, ás Humanidades e ás Ciencias Sociais en galego.

Cada novo número agrupa un texto referido a un persoeiro, catro artigos de investigación e unha entrevista. Ademais, a revista pode incluir poemas, recensións de libros e reportaxes de actualidade.

Mazarelos Revista

 

 

Fonte: https://www.mazarelos.gal/2020/01/09/presentacion-revista-mazarelos/ e Comunidade O Zulo