É un pracer comunicar a celebración da vinderia asamblea da "Asociación Comunidade O Zulo" o vindeiro sábado 30 de decembro de 2017 ás 11:30, en primeira convocatoria, e as 12:00 en segunda convocatoria, no Centro Socio Cultural Casas Baratas de Mugardos.

O vindeiro sábado 9 de decembro de 2017 de 11:30 a 13:00 horas Asociación Comunidade O Zulo impartirá o relatorio "Presenza en Internet para asociación sen arela de lucro" no Local Socio Cultural de Casas Baratas de Mugardos.

O obxectivo da xornada é achegar a asociacións, agrupacións culturais e ó público en xeral tecnoloxía e boas prácticas relativa á presenza en Internet. Trataremos, dun xeito sinxelo e ameno :

Membros da directiva da Asociación Comunidadeo O Zulo reunímonos hoxe sábado no Centro Socio Cultural Casas Baratas de Mugardos para traballar nas actividades que realizaremos nas vindeiras semanas.

Aproveitamos a ocasión para facer balance da Xornada de Software e Cultura Libre do pasado 28 de Octubro, así como dos novos proxectos dos que daremos conta na asemblea xeral do mes de decembro.

A "Xornada de Software e Cultura Libre" é un evento libre e gratuito organizado conxuntamente polo Concello de Mugardos e Asociación Comunidade O Zulo grazas ao convenio de colaboración asinado o pasado mes de Xullo, que se celebrará en Mugardos o 28 de Outubro de 2017

Hoxe Luns, 31 de Xullo de 2017, o presidente da asociación, Alberto Permuy, asinou o convenio de colaboración co Concello de Mugardos que permitiranos realizar a maior parte das actividades planificadas para o segundo semestre deste ano.

O importe do convenio é de 1.500€, dos que recibiremos 750€ nos vindeiros días e a parte restante despois da xustificación das actividades.

Co gallo da Xornada, fixemos unhas entrevista moi interesantes aos ponentes que publicaremos nesta páxina. 

A directiva da Asociación Comunidade O Zulo convoca a tódolos socios/as e amigos/as da Comunidade á unha asemblea extraordinaria o vindeiro Sábado 21 de Maio de 2016 ás 11:30 horas en primeria convocatoria, e ás 12:00 horas en segunda convocatoria en Tapería Plaza (Mugardos). A orde do día é a seguinte:

  1. Futuro do ciberencontro Kernel.
  2. Novo sitio web da asociación.
  3. Proxectos actuais e futuros.
  4. Rogos e preguntas.

Agardamos a vosa presenza.

O pasado 11 de xuño Asociación Comunidade O Zulo asinou con Concello de Mugardos o convenio de colaboración para o apoio de actividades vencelladas á difusión de software e cultura libre. No caso de @ozulo a sinatura do convenio garantiza, un ano máis, a celebración do "Ciberencontro Kernel".

Non todo vai ser Software e Cultura Libre!

[Xa sabemos que non é polbo á Mugardesa]

Dende tempo inmemorial e ata ben entrado o século XX, fontes e lavadoiros, contribuíron ao desenvolvemento da vida diaria dos nosos devanceiros, fundamentalmente no rural galego.