O pasado 20 de decembro de 2014 celebramos a asemblea anual da Asociación Comunidade O Zulo. O resumo do tratado é :

.- Resumo de eventos nos que a asociación estivo presente no ano 2014.
.- Aprobación de contas do ano 2014.

Acordos :

.- Modificación do sistema de xestión de socios/as. Na actualidade contamos con 50 socios/as, pero so uns 15 abonan as cotas en tempo e forma. Acordamos, que o prazo do pagamento da cota será do 1 ao 31 de xaneiro. Calquera socio/a que non abone a cota, será dado de baixa da asociación.

É un pracer comunicar a celebración da vinderia asamblea da "Asociación Comunidade O Zulo" o vindeiro sábado 20 de decembro de 2014 ás 10:30, en primeira convocatoria, e as 11:00 en segunda convocatoria, no aula 2 do complexo Francisco Vizoso, coincidindo coa actividade "Sábados libres en Franscisco Vizoso".

A orde do día será a seguinte:
-Eventos e actuacións da Comunidade en 2014
-Aprobación de contas 2014
-Modificación xestión altas/baixas socios/as 2014
-Rogos e preguntas.

Saúde e cultura!

É un pracer comunicar o acordo de colaboración do Concello de Mugardos e a asociación para a realización da actividade "Sábados libres en Francisco Vizoso"

É un pracer para a asociación comunicar que contamos cun novo patrocinador : Tomás G. Monteagudo.

O "Estudio de Arquitectura Tomás G. Monteagudo", situado céntrica Rúa Castelao de Mugardos, é unha referencia en rehabilitación, reformas e deseño.

Anunciamos oficialmente a disponibilidade de 8 prazas para o XI Ciberencontro Concello de Mugardos - Kernel 2014. As inscricións deberán realizarse enviando un email a asociacion @ comunidadeozulo.org solicitando unha praza no evento. A solicitude de praza implica a aceptación das normas publicadas en http://kernel2014.comunidadeozulo.org/normas.html

É un pracer anunciar a sinatura do convenio de colaboración entre "Marcos Vázquez Fotografía" e a Asociación Comunidade O Zulo .

O vindeiro 4 e 5 de outubro celebrarase en Compostela o "Encontro ibérico de tradutores de Software Libre a linguas minorizadas".

  É un pracer confirmar as datas do "XI Ciberencontro Concello de Mugardos - Kernel 2014" que se celebrará como ven sendo habitual na Casa da Cultura, os días 19,20 e 21 de setembro.

O vindeiro sábado 31 de maio de 2014 a Asociación Comunidade O Zulo impartirá o relatorio "Deseño web con software libre : Drupal", no marco das "Xornadas de tecnoloxía para o profesorado" organizada pola asociación APETEGA.

Todos temos dentro de nós a un artista en potencia. Tan só debemos atopar a materia axeitada aos nosos gustos e dedicarlle tempo, paixón e paciencia. De seguro que ti que estás lendo estas liñas es bo nalgún deporte, manualidade ou actividade de calquera tipo. E é que todos somos bos en algo, unha mensaxe que os organizadores de Mugardos: 10 potencias queren transmitir a toda a cidadanía.