Despois de moito traballo , César Pena, o "noso" deseñador favorito enviounos xa a versión final do cartaz do Kernel 2012. A vindeira semana enviaranse ao Concello de comezaremos  a pegar e dufindir a IX edición do Kernel 2012. Queremos agradecer a César o seu traballo, a profesionalidade e a calidade. Grazas!

É un pracer comunicar que, un ano máis, Tapería Plaza patrocinará o IX Ciberencontro Concello de Mugardos Kernel 2012, co xa clásico concurso de "checkins". Que é iso do concurso de checkins? Moi sinxelo: cada participante no Kernel terá o seu cupón que deberá cuñar na Tapería Plaza cada vez que visite o local.

Tes hardware que non usas? Un disco duro que xa non necesitas? Lembras esa placa base que xa non queres? Achega o hardware que non necesita ao Kernel 2012 e cambia ou vende con outros/as participantes no evento.

Que é iso do TrocoKernel2012?

O pasado sábado 26 de maio, Pablo Robatto e Alberto Permuy, vicepresidente e presidente da Asociación Comunidade O Zulo reuníronse co Concelleiro de Cultura do Concello de Mugardos, Xosé Bouza, para tratar entre outros temas, a celebración do IX Ciberencontro Concello de Mugardos “Kernel 2012”

É un pracer para a Asociación Comunidade O Zulo confirmar tanto a resolución como o pagamento da subvención para entidades sen fin de lucro concecida polo Concello de Mugardos e ratificada na resolución 86/2012 do seis de febreiro de 2012.

Estos son os resultados das partidas que xogamos ao OpenArena. A próxima semana tentaremos ter operativo un canal TeamSpeak ou similar. Grazas a todos/as por participar.

 

Partida 1

20  ping: 153  client: 0 @apermuy
19  ping: 0  client: 3 Liz [bot]
5  ping: 203  client: 4 Alf   
0  ping: 158  client: 1 probatto

Partida 2

 Dende a Asociación Comunidade O Zulo queremos promover o uso de xogos libres poñendo a disposición dos nosos socios/as, amigos/as e simpatizantes un servidor de OpenArena.

OpenArena(OA) é un videoxogo 3D libre en primeira persoa. A primeira versión publicouse en Agosto de 2005 pouco despois de que o código fonte do mítico Quake III se liberase baixo licenza GPL.


O vindeiro 28 de marzo celébrase o "Día da liberdade dos documentos".

O Día da liberdade dos Documentos (DFD) é unha iniciativa levada adiante por organizacións do campo do acceso ao coñecemento, a non discriminación e o Software Libre, segundo iniciativa da FSF (Free Software Foundation) en todo o mundo o día 28 de marzo.

Os usuarios e usuarias de VLC estamos de noraboa: xa está dispoñible a versión 2.0 deste fantástico reproductor multimedia libre nas súas versións para GNU/Linux, MacOSX e Windows.

Xa podemos disfrutar da nova versión de LibreOffice 3.5. Unha nova versión chea de funcionalidades e melloras. Dende a Asociación recomendamos o seu uso: é libre, é unha suite profesional , corre moi ben en GNU/Linux e ademáis respecta os estándares.