Cambios no programa Kernel 2012

É unha mágoa comunicar a cancelación do "Obradoiro de Arduino". Dende a Asociación Comunidade O Zulo tentamos ata hoxe martes día 18 setembro, pechar o relatorio, máis non é posible por problemas de axenda dos ponentes.Queremos pedir desculpas a todos/as os interesados/as neste obradoiro; dende xa estamos a traballar para poder incluír outra actividade no programa.

Por outra banda gustarianos comunicar dous cambios de horario no programa do Kernel 2012:

 

  • Drupal #BoF: mantén o día pero muda o horario, será ás 23:00 horas.
  • Primeira rolda OpenArena: cambia para a madrugada do venres ao sábado ás 01.00 horas.

Grazas pola vosa comprensión e desculpade as molestias.