¿Linux ou Windows?, Sempre Software Libre.

       Dende Ozulo aconsellamos sempre a utilizar Software Libre nas vosas máquinas , non tedes por que ter instalados programas que non sabedes nin para que valen, nin como funcionan, pero están hai instalados. Nós vós aconsellamos a que so teñades instalados programas que utilicedes e sabedes como funcionan. Os programas que non utilicedes, o mellor é desinstalalos, non ocupan espacio no teu computador, tanto no disco como na memoria. Si desinstalades eses programas seguro que notades que o voso pc vai moito mellor.

       O Software Libre non vai sempre relacionado con Linux (ten moito que ver), pero tamén hai Software Libre para Windows, no seguinte enlace (http://www.cdlibre.org/consultar/catalogo/index.html) podedes consultar todo o Software Libre que hai e decidir se instalalo ou non.

 

                                                   

       ¿Linux ou Windows?, nós creemos que esta cuestión fai moita xente, ben por medo ou descoñecemento, non se arriscan a dar o paso de probar algo novo. Dende a Asociación Ozulo facemos a seguinte reflexión, porque a xente si proba un coche novo, unha prenda de vestir nova, unha comida nova,..., todo esto e máis si que vos atrevedes a probalo, pero probar algo que faga que o teu pc vaia máis lixeiro, rápido e funcione mellor, esto non vos atrevedes. Nos non décimos que pasedes de Windows a Linux de súpeto, pero si que vos décimos que por que vas ter programas instalados nos teu pc que ti non queres ter e por que vas pagar por un programa cando o tes gratuíto na web e é Software Libre.

      Sempre que nos preguntedes, que usar nos vosos pcs, os diremos algunha distribución de Linux, porque nos levamos moito tempo utilizandolo, pero tamén entendemos que é un paso moi importante a dar e unha decisión a tomar, pero creemos que unha vez dado o paso a cambiar, un queda moi satisfeito co que descubre. Desde aquí vos animamos a que probedes en calquera pc que teñades na casa, si so tedes un pc podedes probalo a modo live ou con Virtual Box (con este programa podedes executar varios sistemas operativos sen necesidade de modificar nada no teu pc). Tamén sabemos que hai xente que polo seu traballo ou por outras causas, non pode cambiar, pero si que poder utilizar programas que nos sexan de pago e libres.

     Calquera dúbida, consulta ou pregunta que vos xurda non dudes en comunicarvos con nós, que para eso estamos aquí, para axudar a xente co Software Libre.

     Somos conscientes que moitos dos programas dos que usades, non existe a súa equivalencia no Software Libre, pero cada día hai máis, na seguinte enlace (http://es.wikibooks.org/wiki/Introducci%C3%B3n_a_Linux/Equivalencias_Windows_en_Linux) podedes consultalas equivalencias     Windows -Linux.

                                                         

   

Nos sabemos que sempre existira a loita Linux-Windows ou Windows-Linux, pero queremos que teñades unha cousa ben clara, sede vos os que elixades o que queredes ter instalado no voso pc, non deixedes que ninguén elixa por vos, sede LIBRES e tomade a decisión, do que queredes ter instalado no voso pc. Nos elixades Linux ou Windows, sempre vos aconsellaremos a instalar Software Libre nos vosos pcs.

                ANIMATE A UTILIZAR SOFTWARE LIBRE ESTE É O CAMIÑO O CAMBIO