Relatorio : "Presenza en Internet para asociación sen arela de lucro"

O vindeiro sábado 9 de decembro de 2017 de 11:30 a 13:00 horas Asociación Comunidade O Zulo impartirá o relatorio "Presenza en Internet para asociación sen arela de lucro" no Local Socio Cultural de Casas Baratas de Mugardos.

O obxectivo da xornada é achegar a asociacións, agrupacións culturais e ó público en xeral tecnoloxía e boas prácticas relativa á presenza en Internet. Trataremos, dun xeito sinxelo e ameno :

  • Rexistro de dominio e correo electrónico ( Exemplo: asociacion.org )
  • Creación e xestión dunha páxina web ( Exemplo: http://www.asociacion.org )
  • Xestión de formularios de inscrición a eventos.
  • Roldas de correo electrónico.
  • Xestión de axendas compartidas.

A entrada ao evento é libre e de balde e non é necesaria a inscrición.