Sinatura convenio Asociación e Concello de Mugardos 2022

O pasado vernes 2 de setembro Asociación Comunidade O Zulo e o Concello de Mugardos asinaron un convenio cuxa finalidade é o financiamento para a organización e celebración dos eventos “Xornadas de software libre” e “Xornada de patrimonio cultural libre”.

Xornadas Software Libre Mugardos 2022

A contía da subvención é de 2.500€ para a celebración das citadas actividades, importe do que a día de hoxe  xa recibimos o 80% do total, e o resto despois da correspondente xustificación dos eventos.

A Xornada de Sofware Libre celebrarase a finais do mes de Outubro en Mugardos. Podemos adiantar que será en xornada de mañá e tarde, por suposto na fin de semana e contará con obradoiros prácticos e relatorios. 

Para Xornada de patrimonio cultural libre contaremos con representación de diferentes colectivos e asociacións, nun formato que reunirá coloquios, obradoiros e presentación de proxectos. A nosa idea é celebrala a finais do mes de Novembro. 

Despois de dous anos en branco, 2020 e 2021, nos que por circunstancias alleas á asociación finalmente non asinamos o convenio(principal fonte de financiación da asociación para realizar eventos), seguimos a  traballar desde Mugardos para continuar promovendo software e cultura libre, camiño xa dos  ¡20 anos!

 

[ Imaxe de Edwin Andrade ]