Spins: as versións de Fedora

Fedora 13 ven co escritorio GNOME. Non vamos a falar a estas alturas de GNOME. Pero, qué sucede se non queremos usar GNOME como escritorio na instalación de Fedora. Pois moi sinxelo, para iso a comunidade de Fedora creou os Spins, que non son máis que personalizacións da distribución cos diferentes escritorios. Un simil podería ser Kubuntu, que a versión de Ubuntu co escritorio KDE.

A URL para descargar os distintos "spins" de Fedora é http://spins.fedoraproject.org/

Chamounos poderosamente a atención dúas cousas. A primeira delas é que existe unha versión de Moblín(saber máis de Moblin), e a segunda a versión Security enfocada a seguridade.

O proxecto Fedora é un proxecto de distribución Linux moi activa, o feito que está a mellorar moito nos últimos tempos, sobre todo en tecnoloxía, nótase a man de Red Hat, verdade?