Por terceiro ano consecutivo a asociación colaborará no evento #LAV014 organizado pola Asociación Sen Un Peso que se celebrará os días 14,15 e 16 de febreiro de 2014 en Vedra.
É un pracer comunicar a celebración da próxima asamblea da "Asociación Comunidade O Zulo" o vindeiro martes 24 de decembro de 2013 ás 17:30, en primeira convocatoria, e as 18:00 en segunda convocatoria na "Tapería Plaza" en Mugardos.
A orde do día será a seguinte:
Vídeos do X Ciberencontro Concello de Mugardos
Ciberolimpiada
Obradoiro Arduino
Un ano máis, a Asociación Comunidade O Zulo en colaboración con GALPon, celebrará o "Día da liberdade do software" o vindeiro sábado 21 de setembro de 2013, ás 12:00 na Casa da Cultura do Concello de Mugardos
Tes hardware que non usas? Un disco duro que xa non necesitas? Lembras esa placa base que xa non queres? Achega o hardware que non necesita ao Kernel 2013 e cambia ou vende con outros/as participantes no evento.
Que é iso do TrocoKernel2013?
Pois unha iniciativa da Asociación Comunidade O Zulo para promover o intercambio de trebellos tecnolóxicos entre os asistentes ao Kernel 2013.
É un pracer para a asociación anunciar o acordo entre Asociación Comunidade O Zulo e ADA Formación , polo cal, os alumnos e alumnas que cursen accións formativas nos que se use software libre e así o desexen, serán socios/as de @ozulo, asumindo o pagamento das cuotas ADA Formación por período de dous (2) anos.
Un ano máis a Asociación Comunidade O Zulo coa colaboración do Concello de Mugardos organizan o X Ciberencontro Kernel 2013.
Nestes días estamos a recibir moitas consultas a través do email e das redes sociais de xente que nun ca pasou polo Kernel. Tentaremos nesta liñas, a modo de consello, resumilas.
Os nosos amigos e amigas de Galpon están a organizar unha serie de actividades dentro do proxecto "Sábados libres na altamar".
Se estás interesado/a en Arduino, Raspberry Pi ou en mellorar os teus coñecementos con editor máis molón da terra media, xa sabes! Acude aos "Sábados libre na Altamar"
É un pracer confirmar que os días 19,20,21 e 22 setembro de 2012 celebraremos o décimo aniversario do "Ciberencontro Concello de Mugardos - Kernel 2013"