Acordo con ADA Formación

É un pracer para a asociación anunciar o acordo entre Asociación Comunidade O Zulo e ADA Formación , polo cal, os alumnos e alumnas que cursen accións formativas nos que se use software libre e así o desexen, serán socios/as de @ozulo, asumindo o pagamento das cuotas ADA Formación por período de dous (2) anos.

O pagamento o realizará directamente ADA Formación á @ozulo no inicio de cada curso, e, no caso de que o alumno/a xa sexa membro "da comunidade", recibirá un desconto equivalente ás dúas cuotas(2 x 12€) no precio do curso.

Ámbalas dúas organizacións consideran vital nos entornos formativos, ofrecer a posibilidade aos alumnos/as a oportunidade de sentir e pertencer "a unha comunidade de software e cultura libre".

Na actualidade os cursos que imparte ADA Formación e nos que se usas ferramentas libre son:
.- CompTIA Network +: Kali Linux e GNS3Workbench
.- CompTIA Linux +
David Carracedo, xerente de ADA Formación coméntanos "En breve impartiremos cursos sobre seguridade informática bastante curiosos, e ainda que o temario non está listo ao 100%, usaremos en exclusividade software libre, agás nalgunha parte de Malware e reversing, que para iso Microsoft Windows vai moi ben..."