Actualización obaixoulla.gal: versión 1.2

obaixoulla

obaixoulla.gal é un proxecto web publicado como catálogo dixital aberto de elementos patrimoniais, naturais e paisaxísticos dos concellos de Catoira, Dodro, Padrón, Pontecesures, Rianxo e Valga.

Baseado no proxecto orixinal "A Cultura da Auga", promovido por Juan Fernández e Asociación Comunidade O Zulo en 2015, obaixoulla.gal conta a día de hoxe con máis 3400 elementos publicados froito do traballo da Asociación Penoucos.

Hoxe día 16 de Novembro, publicamos nova versión do proxecto coincidindo co "Día do Patrimonio" e co segundo aniversario da publicación do proxecto. A actualización contempla:

 

ACTUALIZACIÓN DRUPAL 9

Actualizamos desde a versión 8.8 á versión máis recente de Drupal a 9.2.8 seguindo as recomendacións da comunidade Drupal publicadas en:

https://www.drupal.org/docs/upgrading-drupal/how-to-prepare-your-drupal-7-or-8-site-for-drupal-9/upgrading-a-drupal-8-site

O proceso require tamén actualización de versión de PHP e de distintos paquetes de software: MySQL, composer, libraría leaflet entre outros.

 

BUSCADOR

A principal novidade desta nova versión 1.2, a nivel funcional e visual é a implementación dun buscador de elementos.

Este buscador permite realizar busca por título, contido, concello, tipoloxía e parroquia empregando unha caixa de texto.

Destacar a nivel técnico o uso dos compoñentes Search API e Facets de Drupal.

Detalle do buscador obaixoulla.gal

OPTIMIZACIÓN SEO

Revisamos a configuración e boas prácticas en SEO. Revisamos a implementación de OpenGraph e aplicamos os cambios necesarios no sitio para amosar datos estruturados en formato JSON-LD.

Desde Asociación Comunidade O Zulo queremos agradecer a colaboración de Asociación Os Penoucos e en especial a Miguel polo seu traballo de dirección e divulgación deste proxecto.