Asemblea extraordinaria Maio 2016

A directiva da Asociación Comunidade O Zulo convoca a tódolos socios/as e amigos/as da Comunidade á unha asemblea extraordinaria o vindeiro Sábado 21 de Maio de 2016 ás 11:30 horas en primeria convocatoria, e ás 12:00 horas en segunda convocatoria en Tapería Plaza (Mugardos). A orde do día é a seguinte:

  1. Futuro do ciberencontro Kernel.
  2. Novo sitio web da asociación.
  3. Proxectos actuais e futuros.
  4. Rogos e preguntas.

Agardamos a vosa presenza.