Google seguro

Que Google é un monstruo todos o sabemos. Que usa os nosos datos para fins propios, todos o sabemos?. Hai unhas semanas saiu á luz o escándalo do Street View, no que se afirmaba que Google de paso que fotografiaba as cidades do mundo enteiro, "sen querer" tamén capturaba os datos das redes wireless das áreas fotografiadas. Se a isto unimos a polémica pola suposta venta de datos de MySpace e Facebook, temos un problema: a nosa privacidade xa non é nosa, pertence ós portais que visitamos e ós proveedores de internet. ¿Realidades ou consecuencias da web 2.0?. Que opinen e propoñan solucións aqueles que se subiron ó carro da demagoxia 2.0, pero que o fagan propoñendo solucións reais e tecnoloxicamente innovadoras, sen vender fume, que por desgracia, é a tónica habitual, e inda por riba é moi barato.

O certo que e Google(que xa pediu desculpas polo tema do Street View, mentres que Zuckerberg aínda non o fixo) dende fai unhas horas, permite buscar(só co TLD .com) por usando cifrado SSL. Google apreta pero non afoga.