II Noite Drupal & GNU/Linux Vigo

A Comunidade O Zulo ten o pracer de comunicar que participará na organización, xunto con GALPon e Inestable e a colaboración de Tegnix, da II Noite Drupal & GNU/Linux que se celebrará o vindeiro 1 de Xullo de 2011 en Vigo. 

A web da asociación, xunto co espazo Moodle serán as referencias para tódolos participantes no evento. As inscricións son gratuitas e o formulario de inscrición estará aberto o día 12 de Xuño neste mesmo sitio web. 

Dende a "Comunidade" queremos agradecer o esforzo, tanto de GALPOn, Inestable  e Tegnix, sen o seu apoio esta actividade non sería posíbel.

É un verdadeiro pracer para tódolos membro da "Comunidade" comprobar como una iniciativa que naceu en Mugardos hai uns meses, está a piques de consolidarse se chegar a celebrarse aínda a II edición. O nosos veciños de Portugal envían os seus parabéns e algúns xa están confirmando a súa asistencia. 

Toda a información do evento en www.comunidadeozulo.org/noite.