Novo proxecto para 2019: OBaixoUlla

Asociación Cultural Os Penoucos, tal e como indican no seu sitio web  https://ospenoucos.gal , nace no 2006, froito das inquedanzas dun grupo de persoas do Baixo Ulla. Ten como piares fundamentais o fomento da lingua e cultura galega, realizando actividades culturais, artísticas e medioambientais.

Entre os seus proxectos, destacamos o proxecto colaborativo Patrimonio e Paisaxes do Baixo Ulla( Catoira, Dodro, Padrón, Pontecesures, Rianxo e Valga) que pretende recoller a totalidade do patrimonio cultural, natural e paisaxístico do territorio polo que discorreo o río Ulla no seu treito baixo, antes de deixar de ser río e converterse en ría.

O proxecto está publicado na URL http://baixoulla.ospenoucos.gal no que calquera persoa pode consultar de xeito libre e aberto o catálogo de datos publicados.

A finais de 2018 a través de Asociación Melisa, membros da Asociación Comunidade O Zulo e Asociación Cultural Os Penoucos, xunto con Melisa, reúnense para avaliar a posibilidade de migrar o actual sitio web http://baixoulla.ospenoucos.gal a unha plataforma web libre baseada no software Drupal.

O Zulo conta coa experiencia de participar de xeito activo no desenvolvemento técnico do proxectos :

polo que, tras unha primeira análise, decidimos abordar este novo e apaixoante reto para 2019.

Os obxectivos principais do proxecto, desde o punto de vista da asociación son:

  • Uso de software de fontes abertas para a publicación dun novo sitio web áxil e flexible que permita catalogar de xeito sinxelo os máis de 3000 elementos publicados en https://ospenoucos.gal .
  • Desenvolver e deseñar o proceso de migración de datos do sitio actual de xeito que non se produza pérdida de información.
  • Continuar o traballo iniciado en 2014 coa "Cultura da Auga", cuxo obxectivo principal e a publicación de sitios web libres para axudar a asociacións sen arela de lucro a difundir catálogos de elementos patrimoniais e culturais galegos.

Tras dous meses de intenso traballo, xuntanzas e horas de desenvolvemento, o proceso de migración de datos está moi avanzado. Nestes momentos contamos cunha primeira versión funcional con tódolos elementos importados e xeolocalizados.

Nas vindeiras semanas daremos boa conta do proxecto tanto na web da asociación coma en redes sociais.

 

Imaxe do proxecto en desenvolvemento

[ Imaxe da primeira versión funcional do proxecto ]