Obradoiros LAV012

É un pracer anunciar o acordo de colaboración entre a "Comunidade" e a "Asociación cultural Senunpeso" para o apoio tecnoloxíco no evento LAV012 que se celebrará o vindeiro mes de Febreiro no concello de Vedra.

Apoiaremos o LAV012 montando e administrando unha rede Wireless correndo en GNU/Linux, cunha estrutura moi similar a do "Kernel".

O acordo de colaboración entre ámbalas dúas asociación facilita aos socios e socias 5 matrículas gratuitas para calquera dos obradoiros :

Obradoiros de iniciación :

  • Stop motion
  • Postprodución dixital
  • Obradoiros ESO
  • Open video e a web [ PRAZAS ESGOTADAS ]
  • O intérprete diante da cámara
  • Storyboard

Obradoiros avanzados:

  • Correción da cor, continuidade e look [ PRAZAS ESGOTADAS ]
  • Marketing para proxectos audiovisuais.
  • Interpretación na dobraxe.

Tedes máis información no sitio web: http://senunpeso.org