Declaración de privacidade

Esta Declaración de privacidade está relacionada co sitio web da Asociación Comunidade O Zulo(www.comunidadeozulo.org) e abrangue a recolección de datos e o seu uso, tanto de este sitio web como de tódolos subdominios derivados. Ao utilizar o sitio aceptas as prácticas empregadas con relación aos datos que se describen nesta declaración.

Recolección de información persoal Recolectamos información de identificación persoal, que inclúe enderezo de correo electrónico (e-mail) e nome. Inclúese información acerca do teu ordenador persoal, que se recolle automaticamente. Esta información pode incluír: enderezo IP, tempos de acceso e páxinas visitadas no sitio.

Utilización de información persoal Utilizamos a información persoal para mellorar o sitio web e os servizos que proporciona. En ningún caso lle cederemos a información persoal a terceiras partes. A información de identificación persoal pode usarse, nalgún caso, para informar acerca de eventos ou de obxectos dispoñibles no sitio. Tamén remitiremos enquisas, para coñecer a túa opinión sobre os servizos prestados actualmente ou potenciais servizos que se poidan ofrecer no futuro. Se non desexas recibir esa información contesta calquera correo que che chegue dende o sitio engadindo “NON CONTACTAR” en maiúsculas no campo do asunto Se non desexas que os datos figuren na nosa BD inclúe CANCELAR no asunto.

Uso de “cookies” O sitio web www.comunidadeozulo.org emprega "cookies" para almacenar as túas preferencias axudándoche a personalizar a túa experiencia en liña. Unha cookie é un arquivo de texto que o grava no disco duro un servidor de páxinas web. As cookies son asignadas polo servidor en relación un-a-un, e poden ser lidas unicamente por un servidor membro do dominio que emitiu a cookie para ti. Unha das principais vantaxes das cookies é que aforran tempo. O propósito dunha cookie é informarlle ao servidor web que retornaches a unha páxina específica. Isto simplifica o proceso de rexistrar información persoal. Existe a posibilidade de aceptar ou rexeitar cookies. Se escolles que o explorador rexeite cookies, é probable que non poidas aproveitar na súa totalidade as características dos servizos ofrecidos en www.comunidadeozulo.org.

Seguridade de información persoal Aseguramos a túa información persoal fronte ao acceso, uso ou divulgación non autorizados. Mantemos a información de identificación persoal que nos facilitaches, en servidores localizados nun ambiente controlado e seguro, protexidos do acceso, uso ou divulgación non autorizados.

Información de contacto Calquera comentario relativo a esta Declaración de privacidade será benvido. Por favor, contactade con asociacion[@]comunidadeozulo.org .

Xornadas de Software e Cultura Libre 2018

  • O evento é gratuito polo tanto non se cobrará entrada algunha ao evento.
  • A organización reservase o dereito a cancelar e modificar tanto o horario como o contido dos relatorios.
  • Os usuarios/as inscritos nos obradoiros aceptan prestar a súa imaxe para vídeos e imaxes que difundiremos nas canles habituais da asociación. En caso contrario, deberán notificalo previamente via email en asociacion@comunidadeozulo.org indicando o seu desexo expreso de non ser grabado/a ou fotografiado/a.
  • Asociación Comunidade O Zulo, en relación á publicación das imaxes ou vídeos publicados dos eventos nos que figure como organizador, so será responsable da publicación, previo consentimento, dos eventos ou relatorios nos que figure como único poñente. En ningún caso será responsable da publicación ou divulgación de imaxes ou vídeos de terceiros.
  • Os usuarios/as inscritos deberán respectar ao resto das persoas que participan no evento. En caso de detectar comportamentos sexistas, violentos, racistas ou vexatorios, a directiva da asociación como organizadora do evento, reservase do dereito de admisión e expulsión.
  • Os usuarios/a inscritos menores de idade deberán presentar unha autorización asinada polos pais, nais ou titores da que se pode descargar libremente unha copia en https://goo.gl/ZUZNTQ. De non ser así, non poderán participar na actividade.