Asóciate!

¡QUERO FACERME SOCIO!

¿Por que necesitamos socios?

A principal razón é que necesitamos máis apoio, persoas que colaboren e aporten ideas para levar a cabo futuros proxectos.

Non teño perfil tecnolóxico... cómo podo colaborar ?

É moi sinxelo. Nas xuntanzas e nos foros onde se fala dos proxectos, ademáis dos temas técnicos hai outros aspectos importantes (organizativos, sociolóxicos,...). A túa opinión conta. Queremos e debemos camiñar cara unha asociación plural donde todos os asociados e simpatizantes teñan voz. Anímate! Xa verás como atopas o teu espazo.

¿Cal é a cuota por socio?

A cuota anual é de 12€, nun único pago.

¿Cómo se reparten as aportacións?

O Patrimonio da asociación se invirte aproximadamente:

.-30 % gastos de infraestrutura: web, dominio, local, ...
.-20 % divulgación: folletos, carteleria, distribucións ...
.-30 % actividades: xornadas, ciberencontros, obradoiros ...
.-20 % outros gastos: xestión, administración, ...

¿Qué ventaxas teñen os socios?

.-Ter a posibilidade de ser partícipes e promotores de proxectos de tecnoloxía e cultura libre.

.-Espazo reservado no hospedaxe do servidor da asociación para servizos web e correo...

.-Recibirás o “agasallo de benvida” no teu domicilio, acreditándoche como socio numerario da primeira asociación de tecnoloxía e software libre de Ferrolterra.

.-Prioridade na inscrición das actividades organizadas pola asociación (CiberEncontro Kernel, ...).

.-20% de desconto na cuota de inscrición do Kernel.

.-Desconto nos Obradoiros de Formación en Tecnoloxías Libres.

¡Quero asociarme!

Noraboa! Só tes que facer clic na ligazón do seguinte párrafo e seguir as instruccións que recibirás via email.

ASOCIATE