Xornada de patrimonio (in)visible 2022 - Mugardos

Xornada patrimonio 2022 Mugardos

[ Imaxe de Lucía Santiago ]

SÁBADO 26 DE NOVEMBRO DE 2022

Quenda de mañá  - Mercado de San Telmo 

De 11.00 a 14.00 horas 

Achégate e participa nun evento de "mapeo" colectivo e participativo, no que pretendemos "pintar" nun mapa aquelas zonas que son especiais para vos, aquela árbore na que recollías as mazas, aquel regato no que lavaban a roupa...queremos mapear sentimentos! 

Cando remate o evento, sobre as 14.00 horas, publicaremos nun mapa interactivo libre as vosas aportacións que quedaran publicadas na rede.

Xente de Meá, amigas de Franza, compañeiros do Seixo e veciñas de San Xulián: contamos coa vosa presenza nesta xornada!

Xornada patrimonio 2022 Mugardos

[ Detalle do mapa que publicaremos despois do evento ]

A PARTIRES DAS 13.00 HORAS SESIÓN VERMÚ E PETISCOS!

NON É NECESARIA INSCRICIÓN - ENTRADA DE BALDE

 

Quenda de tarde - Museo Caldoval

17:00 - Visita guiada ó museo 

17:45 - Relatorio "O noso patrimonio" - Miguel Rodríguez Vázquez 

18:30 - Mesa redonda "Experiencia de catalogación libre do patrimonio"

- Lucía Santiago Sanmiguel - obaixoulla.gal

- Rafael Gaioso - abeancos.gal 

- Juan Fernández e Alberto Permuy - aculturadaauga.org

 


 

XORNADA DE SOFTWARE LIBRE  E CULTURA LIBRE 2022

Data e ubicación

 

Sábado 29 de Outubro de 2022 - Mugardos

Quenda de mañá - OBRADOIRO DE INICIACIÓN A LINUX

Lugar: Casino Mugardés - [ Ver ubicación ]

Hora: De 11.00 a 14.00 horas

O obxectivo deste obradoiro e achegar os coñecementos básicos de Linux a tódalas persoas que desexen instalar ou profundizar coñecementos neste sistema operativo. 

  • Relatorio de introducción a Linux e Software Libre - 30 minutos.
    • Historia 
    • Que é unha distribución Linux
  • Instalación dunha distribución  - 45 minutos
    • Obter e instalar Linux
    • Configuración e personalización
    • Trucos espectaculares.
  • Configuración - 60 a 90 minutos
    • Ofimática
    • Multimedia
    • Desenvolvemento

cartaz_xornadas2022

Temos equipos a disposición dos asistentes para instalar, configurar pero sobre todo aprender e compartir coñecementos. Se o desexas podes traer o teu portátil. 

A entrada ó evento é libre e de balde, e está recomendada para nenos e nenas maiores de 12 anos. 

 

Quenda de tarde - RELATORIOS XORNADA SOFTWARE E CULTURA LIBRE

Lugar: Salón de plenos - Concello de Mugardos

Hora: De 16.30 en adiante. Entrada de balde.

16.30 - Presentación da xornada

16.45 - Gravación de música con Demucs e Ardour - Alfredo Suárez

17.10 - Crea a túa propia música programando - Miguel Muiños

17.40 - Pausa para café

18.00 - Datos, datos e máis datos - Christian López

18.30 - Software libre en tempos de pandemia - Victoria Suárez Ulloa - David Carracedo Martínez

19.00 - Sureste libre no sector da construcción- Evelio Sánchez 

19.30 - Pausa para café

19.45 - Desenvolvendo webs con software libre - Pablo Arias

20.15 - SELinux - Rafael Gaioso

20.30 - Clausura

 

Temática

A temáticas das xornada é moi variada. En liñas xerais impartiranse relatorios que  definición de software libre de FSF ou á definición de OSI de Open Source, ademáis de presentación de proxectos e colectivos vencellados á cultura libre e en Galego. A nosa proposta acerca de temática para a edición deste ano é:

  • Hardware e cacharreo.
  • Linux e distribucións.
  • Multimedia , vídeo, podcast ou radio.
  • Patrimonio cultural.
  • Presentación de proxecto, asociación, colectivo ou evento.
  • Seguridade, redes ou hacking.
  • Tradución e localización.
  • Web / tecnoloxías web.
  • Xeolocalización / mapas.
  • Software libre . Difusión e /ou casos de uso.

Pretendemos manter as xornadas e actividades da asociación como un foro neutro en relación a intereses comerciais. Como normal xeral, non aceptaremos propostas que promocionen especificamente unha oferta ou relación comercial. 

Formatos

Microrelatorio: Entre 10 e 15 minutos para comentar de xeito áxil calquera tema dentro da temática das xornadas.

Relatorio: 30 minutos para explicar, comentar, amosar ou presentar a o teu proxecto, tecnoloxía ou calquera tema de interese no mundo do software e cultura libre.

 

 

ESTA XORNADA FORMA PARTE DAS ACTIVIDADES QUE ASOCIACIÓN COMUNIDADE O ZULO REALIZA NO MARCO DO CONVENIO ASINADO CO CONCELLO DE MUGARDOS PARA O ANO 2022

 

Nota: Tomamos prestada algunha idea da web de https://eslib.re/2022 , non todas.