Xornada software e cultura libre 2016 - Concello de Mugardos

A "Xornada de Software e Cultura Libre" é un evento libre e gratuito organizado conxuntamente pola Concello de Mugardos e Asociación Comunidade O Zulo grazas ao convenio de colaboración asinado este mes de Outubro, que se celebrará en Mugardos o 19 de Novembro de 2016.

O obxectivo da xornada e achegar a tecnoloxía a tódalas franxas de idades, dende os máis pequenos ata maiores. Radio, fotografía, electrónica e tecnoloxías web estarán presentes durante toda xornada en Mugardos. 

 

INSCRIBIRSE NAS XORNADAS

INSCRICIÓN DE BALDE = 0€

Entrevistas aos ponentes

Programa

"Smartphonografía : Obradoiro de fotografía con teléfonos móbiles"

Imparte: Xela Rodríguez García

Horario : 10:30 a 13:30 horas. 

Lugar: Biblioteca Pública Municipal de Mugardos

"Iniciación a electrónica con Arduino"

Imparte: Rafa Couto

Horario: 10:30 a 13:30 horas. 

Lugar: Oficina Municipal de Información Xuvenil

"Podcast e ficcións sonoras"

Imparte: Jorge Lama.

Horario: 16:30 a 19:30 horas.  

Lugar: Biblioteca Pública Municipal de Mugardos

"Obradoiro de electrónica básica para cativos"

Imparte: VermisLab

Horario: de 16:30 a 18:30. 

Lugar: Oficina Municipal de Información Xuvenil

"Virtualización de contenedores Docker en Raspberry Pi para entornos Drupal"

Imparte: Christian López y Diego Carracedo

Horario: 17:00 a 17:45 horas

Lugar: Salón de Plenos do Concello de Mugardos

"Xornada de traballo - comunidadeozulo.org : migración a Drupal 8"

Imparte: Javier Cartelle e Alberto Permuy

Horario: 11:00 a 13:00 - 17:00 a 19:00 -

Lugar: Salón de Plenos do Concello de Mugardos

 

"Mesa redonda: A tecnoloxía no movemento asociativo en Mugardos"

Horario: 20:00 horas - Salón de Plenos Concello de Mugardos.

Obxectivo: Convidaremos a tódalas asociacións de Mugardos para poñer en común o uso e necesidades da tecnoloxía  e tentaremos buscar puntos de encontro para traballar en futuros proxectos comúns.

Canto custa a inscrición?

A inscrición e libre e de balde a partires do 31 de Outubro nesta mesma páxina.

Cando e donde se celebra?

O evento celebrarase o sábado 19 de Novembro de 2016 de 10:30 a 19:30 en Mugardos nos seguintes espazos :

  • Oficina Municipal de Información Xuvenil 
  • Biblioteca Pública Municipal de Mugardos
  • Salón de Plenos do Concello de Mugardos.

[ VER MAPA ]

 

INSCRIBIRSE NAS XORNADAS

Agradecementos

Asociación Xeopesca : Kits de Arduino.