APORTAR

As aportacións son abertas e se queres, tamén anónimas. Axúdanos a ampliar o mapa das lembranzas da vila.

QUERO APORTAR

MAPA

Publicamos nun mapa libre e aberto con tódalas aportacións das persoas que enviaron algún recordo de Mugardos.

VER O MAPA

IMAXES

Dispoñemos dunha galería de imaxes de Mugardos, aportadas polos veciños e veciñas da vila que participan no proxecto.

VER AS IMAXES

 

Pretendemos crear un mapa de patrimonio (in)visible de experiencias, lugares e sentimentos individuais e colectivos do territorio de Mugardos.

Queremos fomentar unha participación aberta para dar visibilidade a aqueles espazos, historias e sentimentos que nos unen como comunidade ou que as veces fican esquecidos e invisibles.

Xornadas celebradas

O Seixo 2024

Lugar: Local Sociedade Amigos da Paisaxe Galega do Seixo

Data: 24 Febreiro de 2024 - 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas

Ubicación: 43.45529 -8.21430

O Seixo superou as nosas espectativas. Na quenda da mañá xa superamos os 50 puntos aportados polas veciñas e veciños. Quedamos abraiados coa xenerosidade de Jorge, cos seus saberes e aportacións. Agradecidos coa visita de Miguel e tamén de María Xosé, que axudou coas súas lembranzas. Non faltou á cita o noso amigo Juan A. Díaz e Juan "Junior". 

Xornada de mapeo no Seixo

[ Miguel, Jorge, Juan A. Díaz, Juan e Vavi ]

San Xoán de Piñeiro 2023

Lugar: Local Social SCRD San Xoán de Piñeiro 

Data: 25 de Novembro de 2022 - 11.00 a 14.00 horas

Ubicación: 43.4399 - 8.20462

A xornada celebrada en San Xoán de Piñeiro supuxo un reto para a asociación, froito do noso firme compromiso de achegar as nosas actividades a tódolos eidos da vida social e cultural de Mugardos.

Coa inestimable colaboración da xunta directiva da SCRD de San Xoán de Piñeiro celebramos unha xornada na que os veciños e veciñas aportaron máis de 50 novos "puntos" ó mapa. 

 

 

Imaxe dos participantes na xornada de San Xoán de Piñeiro de Mugardos

[ A veciñanza mapeando San Xoán en Novembro de 2023 ]

 

Mercado de San Telmo - 2022

Lugar: Mercado de San Telmo de Mugardos

Data: 26 de Novembro de 2022 - 11.00 a 14.00 horas

Ubicación: 43.4593 - 8.25617

Os mercados son un lugar de encontro e cheo de vida onde non só se intercambian produtos, senón que tamén formas de facer e vivir. Tamén son o motor da economía circular e de proximidade; un lugar onde a sustentabilidade si que é económica, social e ambiental.

O pasado 26 de novembro de 2022 celebramos no Mercado de San Telmo de Mugardos a primera Xornada de Patrimonio (in)visible cuxo obxectivo foi mapear os elementos que estás ver no mapa.

Contamos coa colaboración de Lucía Santiago, os nosos amigXs de GALPon, Asociación Bestarruza, Asociación Apelón Educación, veciños e veciñas que se achegaron a compartir e aportar. 

Xornada patrimonio 2022 Mugardos

[ Manolo, Dongil e Rafa mapeando en Mugardos - Imaxe de Álvaro Lamas ]

 

Fálase do proxecto en:

 

 

Algunas imaxes do Patrimonio (in)visible de Mugardos

Grúa
San Xiao

Rio da Cabarqueira
San Xoán de Piñeiro

Fábrica de gasosas
San Xiao

Escola da Redonda
San Xiao

Calzados Vara
San Xoán de Piñeiro

Escola do Cristo
San Xiao

Casa de Bello Piñeiro
Santiago de Franza

Lavadoiro da Redonda
San Xiao

Escola de Simou
San Xiao