Xornada Software e Cultura Libre 2019

Xornada Software e Cultura Libre 2019

Desde o ano 2003 Asociación Comunidade O Zulo organiza a "Xornada de Software e Cultura Libre". O vindeiro día 7 de decembro de 2019 contamos coa túa presenza no salón de plenos do Concello de Mugardos.

Na edición deste ano decidimos centrar a temática na web. Interoperabilidade, mapas libres, accesibilidade e extración de contidos serán os temas dos que falaremos nuns días en Mugardos.  A entrada é de balde máis é necesario inscribirse por cuestións de control de aforo.

INSCRIBIRSE DE BALDE NA XORNADA

PROGRAMA

10.00 - Recepción e benvida

10.30 - Rest en tempos de Drupal - Alberto Permuy -  [ Entrevista

11.15 - Leaflet en tempos de Rest - Christian López -  [ Entrevista ]

12.30 - Web scraping : extraer datos de sitios web - Adrián Chaves -  [ Entrevista ]

13.15 - Accesibilidade web: creando webs para todos - Pablo Arias - [ Entrevista

 

NON TEÑO CLARO COMO CHEGAR...

A xornada celebrarase no salón de plenos do Concello de Mugardos:

Concello de Mugardos - Avenida de Galicia 45 - 15620 Mugardos - A Coruña

 

Ver mapa más grande

CANTO CUSTA O EVENTO?

A entrada é de balde pero é necesario inscribirse nesta ligazón.

TEÑO DÚBIDAS, CON QUE CONTACTO?

O xeito máis rápido de contactar é enviando un email a asociacion ( @ ) comunidadeozulo.org .

AGRADECEMENTOS

Queremos agradecer ós nosos amigos e amigas de GALPon a súa axuda na realización deste evento, de non ser por eles, non sería posible: moitas grazas! 

Actividade financiada polo Concello de Mugardos dentro do convenio asinado coa Asociación Comunidade O Zulo en Outubro de 2019.