Asociación Comunidade O Zulo - Mugardos

DESCARGAR ESTATUTOS

Asociación Comunidade O Zulo é unha asociación fundada no ano 2003, sen ánimo de lucro inscrita no rexistro galego de asociacións en maio de 2010.
CIF: G-70252051
Domicilio: Rúa Castelao 5-7, 2I - 15620 Mugardos - A Coruña.
Domicilio virtual: www.comunidadeozulo.org
Correo electrónico: comunidadeozulo ( @ ) gmail.com
Datos bancarios:
CCC 2080-0341-19-3040030423 - ABANCA (Antiga NovaGalicia Banco)
IBAN ES46 2080 0341 1930 4003 0423 - ABANCA (Antiga NovaGalicia Banco)
Os fins da asociación son:
Colaborar na construción dunha sociedade do coñecemento baseada nos principios de libre acceso e uso das aplicacións informáticas e da información.
Divulgar a filosofía e as posibilidades do Software Libre / FLOSS (Free Libre Open Source Software) con especial enfoque nas universidades, centros educativos,administracións públicas, empresas, asociacións e no eido da cultura e sociedade de Galicia.
Promocionar o Software Libre, facendo fincapé nas vantaxes que este pode aportar para fomentar a competitividade, innovación e calidade dos produtos, servizos,coñecemento e tecnoloxía producidos polo tecido empresarial e investigador galego.
Impulsar a adopción de estándares tecnolóxicos libres tanto no eido público como no eido privado.
Explicar e fomentar o uso das licenzas libres para a distribución de contidos, aumentando así a produción cultural libre do noso país.
Acadar a independencia e neutralidade tecnolóxica nas relacións dos cidadáns e empresas galegas cos poderes públicos galegos.