A "Comunidade" xurde como un proxecto impulsado por @apermuy no ano 2003. Despois da celebración das I Xornadas de SwLibre do Concello de Mugardos en 2004, @probatto e Evaristo deciden organizarse de xeito altruista para manter vivo o espirito de colaboración e difusión do software e da cultura libre.
Dende 2004, e sempre coa axuda, apoio e colaboración do Concello de Mugardos, organizamos eventos técnicos(Xornadas de Software Libre), de difusión (Dia Liberdade do Software) e lúdicos (Ciberencontro Kernel).
No ano 2010 constituimos legalmente a "Asociación Comunidade O Zulo", e dende aquela, pretendemos dar un xiro ás actividades e presenza do "Zulo". Pretendemos combinar as bondades sociais e técnicas do software libre, coa difusión da cultura libre. Interésanos a música libre, as licenzas libres, o software e o hardware libre, en resumo, interésanos a cultura!
¿Que é a cultura libre? Podes comenzar lendo este documento....
Somos un grupo de persoas que colabora a través da rede para impulsar o software e a cultura libre, un grupo multidisciplinar: cociñeir@s, biólog@s, informátic@s, xubilid@s, avogad@s con intereses comúns no mundo da tecnoloxía e GNU/Linux.
Non tod@s vivimos en Mugardos, pero estamos en contacto directo a través das redes sociais e as roldas de correo da Asociación. Non temos "local físico", así que habitualmente nos reunimos no Café Atlántico en Mugardos, xeralmente os sábados pola mañá.
¡Asóciate e asiste con nós a infinade de eventos! Estos son algúns dos lugares donde estivemos en 2011:
- Dia da Liberdade dos Documentos - Marzo 2011 - Vigo
- I Noite Drupal & GNU/Linux - Abril 2011 - Mugardos
- Xornada Introdución ao Software Libre - Xuño 2011 - O Grove
- II Noite Drupal & GNU/Linux - Xullo 2011 - Vigo
- Xornadas de Software Libre Inestable - Xullo 2011 - Ordes
- II Cinestable - Agosto 2011- Ordes
- Dia Liberdade do Software - Setembro 2011 - Mugardos
- DrupalCampSpain 2011 - Outubro 2011 - Sevilla
- Xornada Ociorum Debian GNU/Linux - Novembro 2011 - A Coruña
[ @apermuy e @jcartelle membros da Comunidade, nunha xornada de Drupal en Vigo]