Xornada software e cultura libre 2022

Data e ubicación

Sábado 29 de Outubro de 2022 - Mugardos 

Aberto o prazo de envío de propostas.

Na edición de 2022 pretendemos dar un novo pulo ó evento abrindo o proceso de envío de propostas para os relatorios. 

Data de inicio de recepción de propostas: 24-9-2022 desde as 00.01

Data de fin de recepción de propostas: 8-10-2022 ata as 23.59 

 

 

👉  ENVIAR PROPOSTA  👈

 

Temática

A temáticas das xornadas é moi variada. En liñas xerais agardamos propostas relativas a definición de software libre de FSF ou á definición de OSI de Open Source, ademáis de presentación de proxectos e colectivos vencellados á cultura libre e en Galego. A nosa proposta acerca de temática para a edición deste ano é:

  • Hardware e cacharreo.
  • Linux e distribucións.
  • Multimedia , vídeo, podcast ou radio.
  • Patrimonio cultural.
  • Presentación de proxecto, asociación, colectivo ou evento.
  • Seguridade, redes ou hacking.
  • Tradución e localización.
  • Web / tecnoloxías web.
  • Xeolocalización / mapas.
  • Software libre . Difusión e /ou casos de uso.

Pretendemos manter as xornadas e actividades da asociación como un foro neutro en relación a intereses comerciais. Como normal xeral, non aceptaremos propostas que promocionen especificamente unha oferta ou relación comercial. 

Formatos

Desde a asociación propoñemos dous formatos:

Microrelatorio: Entre 10 e 15 minutos para comentar de xeito áxil calquera tema dentro da temática das xornadas.

Relatorio: 30 minutos para explicar, comentar, amosar ou presentar a o teu proxecto, tecnoloxía ou calquera tema de interese no mundo do software e cultura libre.

 

Libre non é gratis

Na asociación temos moi claro que a diferencia entre libre e gratis. Tamén que Mugardos non é o centro do Universo por iso, se o teu relatorio resulta finalmente elixido recibirás unha achega económica para financiar a túa viaxe e comida na xornada.

Envia xa a túa proposta

👉  ENVIAR PROPOSTA  👈

 

 

ESTA XORNADA FORMA PARTE DAS ACTIVIDADES QUE ASOCIACIÓN COMUNIDADE O ZULO REALIZA NO MARCO DO CONVENIO ASINADO CO CONCELLO DE MUGARDOS PARA O ANO 2022

Nota: Tomamos prestada algunha idea da web de https://eslib.re/2022 , non todas.