Declaración de privacidade

Esta Declaración de privacidade está relacionada co sitio web da Asociación Comunidade O Zulo(www.comunidadeozulo.org) e abrangue a recolección de datos e o seu uso, tanto de este sitio web como de tódolos subdominios derivados. Ao utilizar o sitio aceptas as prácticas empregadas con relación aos datos que se describen nesta declaración.

Recolección de información persoal Recolectamos información de identificación persoal, que inclúe enderezo de correo electrónico (e-mail) e nome. Inclúese información acerca do teu ordenador persoal, que se recolle automaticamente. Esta información pode incluír: enderezo IP, tempos de acceso e páxinas visitadas no sitio.

Utilización de información persoal Utilizamos a información persoal para mellorar o sitio web e os servizos que proporciona. En ningún caso lle cederemos a información persoal a terceiras partes. A información de identificación persoal pode usarse, nalgún caso, para informar acerca de eventos ou de obxectos dispoñibles no sitio. Tamén remitiremos enquisas, para coñecer a túa opinión sobre os servizos prestados actualmente ou potenciais servizos que se poidan ofrecer no futuro. Se non desexas recibir esa información contesta calquera correo que che chegue dende o sitio engadindo “NON CONTACTAR” en maiúsculas no campo do asunto Se non desexas que os datos figuren na nosa BD inclúe CANCELAR no asunto.

Uso de “cookies” O sitio web www.comunidadeozulo.org emprega "cookies" para almacenar as túas preferencias axudándoche a personalizar a túa experiencia en liña. Unha cookie é un arquivo de texto que o grava no disco duro un servidor de páxinas web. As cookies son asignadas polo servidor en relación un-a-un, e poden ser lidas unicamente por un servidor membro do dominio que emitiu a cookie para ti. Unha das principais vantaxes das cookies é que aforran tempo. O propósito dunha cookie é informarlle ao servidor web que retornaches a unha páxina específica. Isto simplifica o proceso de rexistrar información persoal. Existe a posibilidade de aceptar ou rexeitar cookies. Se escolles que o explorador rexeite cookies, é probable que non poidas aproveitar na súa totalidade as características dos servizos ofrecidos en www.comunidadeozulo.org.

Seguridade de información persoal Aseguramos a túa información persoal fronte ao acceso, uso ou divulgación non autorizados. Mantemos a información de identificación persoal que nos facilitaches, en servidores localizados nun ambiente controlado e seguro, protexidos do acceso, uso ou divulgación non autorizados.

Información de contacto Calquera comentario relativo a esta Declaración de privacidade será benvido. Por favor, contactade con asociacion[@]comunidadeozulo.org .