Obradoiro libre: Converte o teu PC nunha máquina recreativa

¿Tes un PC portátil que xa non usas? ¿Un portátil que xa no sabes qué facer con el? Parabéns! Asociación Comunidade O Zulo organiza unha xornada para reutilizalos e convertilos nunha fantástica consola retro.

[ Ghouls and ghosts - Un clásico! ]

O noso compañeiro Óscar Amor impartirá o relatorio no que poderás coñecer:

  • Requirimentos previos.
  • Software recomendado.
  • Demostración da instalación e resolución de dúbidas.
  • Hardware, mandos e trebellos recomendados.

Datos de interese

  • Data: 25 de Novembro de 2023 
  • Hora: 17.30
  • Lugar: Local Socio Cultural Casas Baratas - Mugardos - A Coruña [ Consultar ubicación ]
  • Tempo aproximado duración: 90 minutos
  • Inscrición: Non é necesaria. Acceso gratuito ata completar aforo.

Podes traer o teu equipo e levar instalado unha máquina recreativa!

DESCARGAS:

RECALBOX  [ Descargar para PC ]

ROMS PARA SUPER NINTENDO E OUTRAS PLATAFORMAS: [ Consultar ]

COMO INSTALAR RECALBOX NUN PC  [ VER VÍDEO ]