Sinatura convenio Proxecto Radio Komuna

O pasado mes de Agosto de 2022 comezamos a traballar para crear unha emisora de radio online no Local SocioCultural de Casas Baratas de Mugardos en colaboración coas asociacións que compartimos espazo. Os obxectivos principais do proxecto son:

  • Crear una estación de radio online no Local Socio Cultural de Casas Baratas de Mugardos.
  • Realizar actividades conxuntas entre asociacións.
  • Dinamizar as relacións entre o movemento asociativo Mugardés.
  • Crear un repositorio de audio dixital en formato web para difundir de xeito libre e aberto as emisións, podcasts ou calquera outra actividade difundida pola "radio."
  • Fomentar o uso da lingua galega e contidos dixitais con licenzas abertas.

O sábado 18 de Marzo de 2023 en Tapería Plaza (Mugardos) ás 12.00 celebrouse o acto de sinatura do convenio de colaboración entre as asociacións que participarán no proxecto:

como paso previó á montaxe, configuración e presentación do proxecto. Contamos no vindeiro mes de Abril inaugurar o proxecto coa primeira emisión en aberto.

Desde Asociación Comunidade OZulo queremos agradecer a Tapería Plaza, Germán e Tamara, pola súa colaboración e boa disposición para acollernos neste acto. 


[ Imaxe da sinatura do convenio en Tapería Plaza ]