Xornada FLOSS Decembro 2010

 
Co obxectivo de coordinar os diferentes plans de actividades dos distintos axentes para o ano 2011, convócase á unha representación da Asociación a unha xornada de traballo conxunto a celebrarse o vindeiro 2 de decembro de 2010 no Salón pequeno das instalacións da Xunta de Galicia en San Caetano, no que se tratarán os seguintes puntos:
 
- Orde do día para a xuntanza
- Modelo de plan de actividades, indicando as accións previas a levarse a cabo con anterioridade á xuntanza para optimizar o seu desenvolvemento.
 
Dende a Comunidade confirmamos que estaremos representados por Alberto Permuy, Presidente da Asociación.