Actividade: Sábados libres en Francisco Vizoso

É un pracer comunicar o acordo de colaboración do Concello de Mugardos e a asociación para a realización da actividade "Sábados libres en Francisco Vizoso"

Actividade

A actividade  ten como obxectivo o achegamento do sofware e a cultura libre empregando o formato “obradoiro práctico”, cuxas características son:
• Xornadas presenciais prácticas para traballar en proxectos relacionados co software e
a cultura libre.
• Os usuarios/as poden(non é imprescindible) achegar os seus equipos, e son eles/as
mesmos/as, os que, coa axuda e asesoramento de membros da asociación, instalan
sofware libre nos seus computadores, ben sexa nos seus dispositivos ou empregando
medios dispostos pola propia asociación.
• Os usuarios/as solicitan asesoramento libre e gratuito polos membro da asociación
en materias tecnolóxicas relacionadas co sofware libre.
• O acceso a actividade e libre e gratuito e non é necesario inscribirse na actividade
 

Datas confirmadas

Polo momento, as datas confirmadas son:

  • 15 de novembro, 6 e 20 de decembro de 2014 de 10:30 a 12:30 horas

¿Cómo chegar ao aula de Francisco Vizoso?


Ver mapa más grande