Confirmación datas X Ciberencontro Kernel 2013

É un pracer confirmar que os días 19,20,21 e 22 setembro de 2012 celebraremos o décimo aniversario do "Ciberencontro Concello de Mugardos - Kernel 2013"

Hoxe vernes, Pablo Robatto, vicepresidente da Asociación Comunidade O Zulo reuniuse co responsable da Concellería de Cultura e confirmaron, un ano máis o apoio do Concello de Mugardos á celebración do evento técnolóxico por excelencia da comarca de Ferrolterra.

O vindeiro 1 de Xullo abriranse as incricións ao décimo aniversario do Kernel neste mesmo sitio web. A directiva, un ano, máis deicidiu manter os prezos da inscrición: 8€ para socio/as da Comunidade e 10€ para o público en xeral.

Confirmamos, un ano máis, a participación da asociación no "Software Freedom Day" o vindeiro 21 de setembro.