Faladoiro no Seixo: Patrimonio (in)visible

Despois da xornada celebrada o pasado día 25 de Novembro en San Xoán de Piñeiro, Asociación Comunidade O Zulo continúa sumando apoios para a difusión do proxecto de "mapeo colectivo" de Mugardos. Nesta ocasión contamos coa colaboración da Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega

O vindeiro día 16 de Decembro de 2023 ás 12.30 celebraremos no Seixo un faladoiro sobre o Patrimonio (in)visible  no contexto do proxecto no que daremos conta dos avances e das novas actividades programadas para o 2024. Contamos coa vosa presensa e apoio na difusión do evento! 

 

Ubicación: Sociedade Amigos Paisaxe Galega - Casino O Seixo 43.45539/-8.21429 

Programa:

12.30 - Falemos de Patrimonio - Jorge Gómez e Miguel Rodríguez 

13.00 - Mugardos (in)visible - Asociación Comunidade O Zulo 

Faladoiro O Seixo 2023

 

[ Cartaz do evento ]