LAV014 , outro ano máis

Por terceiro ano consecutivo a asociación colaborará no evento #LAV014 organizado pola Asociación Sen Un Peso que se celebrará os días 14,15 e 16 de febreiro de 2014 en Vedra.

A asociación “Senunpeso” producións naceu no ano 2009 co obxectivo principal de organizar Laboratorio Audiovisual de Vedra, LAV. Así podemos resumir os obxectivos nos seguintes puntos:

  • Formación audiovisual
  • Promoción
  • Exhibición

Tamén podemos considerar como obxectivos fundamentais o da promoción do medio rural como unha sociedade que existe, ten vigor, participación e que gosta de estar ao tanto do que acontece no mundo. 

Sen Un Peso é unha asociación asemblearia e participativa , podendo os socios propoñer actividades , ao mesmo tempo, poñerse ao frente delas, facendo nestes casos a directiva unha laboura de xestión e organización facilitando infraestructura e as xestións necesarias para a boa realización da actividade en cuestión.

Os obradoiros organizados pola AC Senunpeso no Laboratorio Audiovisual de Vedra (LAV) pretenden poñer ao alcance de todos e todas a formación no sempre cambiante mundo do audiovisual e a tecnoloxía da comunicación. Os cursos son impartidos por grandes profesionais na súa área, con anos de experiencia facendo o seu traballo, e a formación é inminentemente práctica e intensiva.

[ Consultar obradoiros e programación ]

[ Alberto, Pablo e os Senunpeso Boys no #LAV013]

Para a @ozulo é un pracer poder colaborar neste evento, xa que, ademáis de ser un verdadeiro reto a nivel técnico(sobre todo polos escasos medios cos que contamos), traballar en proxectos ubicados fora do ámbito xeral dos obxectivos da asociación, axúdanos a ter unha visión global das necesidades culturais da sociedade.

Colaboramos neste proxecto montando a rede wireless do evento empurrada por GNU/Linux.