Obradoiro iniciación a Linux - Xornada de Software Libre Mugardos 2022

O vindeiro sábado 29 de Outubro de 11.00 a 14.00 horas a asociación impartirá no Casino Mugardés o Obradoiro de iniciación a Linux, no marco da Xornada de Software Libre 2022. 

O obxectivo deste obradoiro e achegar os coñecementos básicos de Linux a tódalas persoas que desexen instalar ou profundizar coñecementos neste sistema operativo. 

  • Relatorio de introducción a Linux e Software Libre - 30 minutos.
    • Historia 
    • Que é unha distribución Linux
    • Obter e instalar Linux
    • Configuración e personalización
    • Trucos espectaculares.
  • Instalación dunha distribución  - 45 minutos
  • Configuración - 60 a 90 minutos
    • Ofimática
    • Multimedia
    • Desenvolvemento

Temos equipos a disposición dos asistentes para instalar, configurar pero sobre todo aprender e compartir coñecementos. Se o desexas podes traer o teu portátil. 

A entrada ó evento é libre e de balde, e está recomendada para nenos e nenas maiores de 12 anos. 

 

 

Xornada software libre 2022 Mugardos